Martes : o incendio de Pontevedra e cómo Galicia pechou o mes de xaneiro con 22.555 persoas desempregadas menos que hai un ano

Galicia pechou o mes de xaneiro con 22.555 persoas desempregadas menos que hai un ano, situándose o número de persoas sen emprego en 236.447. Polo tanto, os desempregados diminuíron nun -8,71% na evolución interanual –de xaneiro a xaneiro. 
A secretaria xeral de Emprego, Covando Toca, sinalou hoxe que é o vixésimo sétimo descenso consecutivo interanual e o terceiro ano consecutivo no que se acada reducir o paro rexistrado en termos interanuais nun mes de xaneiro. Así mesmo, destacou que é a maior baixada interanual en termos absolutos de toda a serie histórica, isto é desde 1996. Grazas a esta evolución, Toca afirmou que “a nosa Comunidade sitúase a niveis de paro inferiores aos de hai 5 anos”. 
Con respecto ao Estado, Galicia segue a presentar un mellor comportamento que o Estado en termos interanuais. Baixa o paro en 0,43 puntos máis que o Estado. 
A Comunidade autónoma mantén, polo tanto, esta boa evolución interanual do paro rexistrado, aínda que en comparación co mes pasado aumenta nun 3,34%. Ao respecto, Toca explicou que os incrementos de paro rexistrado nos meses de xaneiro son habituais debido ao remate da campaña do Nadal. De xeito, o sector servizos rexistrou o maior incremento, en concreto, en 7.336 persoas. Neste senso, subliñou que estes ascensos vénse producindo ao longo de toda a serie histórica, aínda que resaltou que nos últimos dous anos acadáronse aumentos porcentuais inferiores aos de comezo da crise. “Reflíctese, polo tanto, que estamos no camiño da recuperación económica”, engadiu.  
En canto aos datos por provincias, o paro rexistrado descendeu de xeito interanual en todas elas. A Coruña rexistrou a maior baixada con respecto a xaneiro de 2015, nun -9,37%, seguida de Pontevedra cun -8,57%; Lugo cun descenso do -8,54%; e Ourense cun -6,97%. Por sectores, e, en comparación co mes anterior, as persoas sen emprego baixaron na industria nun -1,10% e no primario nun -0,09%. 
Na evolución dos contratos, é preciso sinalar que Galicia pecha xaneiro de 2016 cun 0,43% máis que hai un ano e con respecto ás afiliacións aumentaron nun 1,92% en comparación con hai un ano. Isto significa que xa son 22 os aumentos consecutivos, desde o mes de abril de 2014, nas que Galicia rexistra unha interanual positiva en termos de afiliación á Seguridade Social. “Este dato reflicte que o crecemento estase a consolidar”, rematou Toca.
______________________________________


En Pontevedra ciudad no se comenta otra cosa este martes, que el incendio declarado anoche en un local situado entre la plaza de A Ferrería y la calle Michelena, que ha puesto a la ciudad  de Pontevedra en alerta, obligando a desalojar la zona de A Ferrería. El fuego fue, a pesar de lo muy aparatoso, controlado y no hubo víctimas.
Las llamas devoraron un antiguo edificio en cuyo bajo estaba ubicado un histórico establecimiento comercial ubicado en la calle Soportales, Tejidos La Moda Ideal, con más de un siglo en activo afectando también a a una zapatería de la calle Michelena, en donde fue necesaria una dotación de bomberos. El 061 tuvo que atender a dos personas heridas de carácter leve y con síntomas de intoxicación por humo.
En este martes, Pontevedra amaneció aún con las laboras de extinción en la zona y con el susto en el cuerpo de muchos pontevedreses.

_____________________________________

A UNIÓN EUROPEA ESCOLLE A GALICIA PARA ESTUDAR A APLICACIÓN DA ANÁLISE SOCIECONÓMICA NA GOBERNANZA DAS PESQUERÍAS NUNHA CONFERENCIA INTERNACIONAL EN MALTA

A dirección xeral de Asuntos Marítimos e Pesca da UE invitou á conselleira do Mar a explicar o modelo de xestión da Xunta na pesca artesanal e no marisqueo, no que se aplican estas análises 
_____________________________________

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, acompañado do delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e do xuíz decano de Vigo Germán Serrano, visitou hoxe o novo xulgado de Familia de Vigo, o terceiro co que conta a cidade desde este mes.
Ata o momento, Vigo contaba con dous xulgados de primeira instancia especializados en Familia, o nº 5 e o nº 12. Debido á pendencia de asuntos que arrastraban, o Tribunal Superior de Xustiza decidiu reforzalos cun xuíz de adscrición territorial (JAT), ao que a Xunta de Galicia lle sumou dous funcionarios de reforzo. 
Posteriormente, e co fin de avanzar un paso máis, o TSXG acordou solicitar ao Ministerio o nomeamento dun letrado da Administración de Xustiza -denominación actual do secretario xudicial- e a Xunta voltou a dotalo doutros dous funcionarios máis, co obxectivo de poñer en marcha o actual xulgado de reforzo de familia en Vigo. 
No antigo local das preferentes
Para ubicar esta nova unidade xudicial, o Goberno galego aproveitou o local que albergou o xulgado de reforzo de preferentes, así como o seu mobiliario e dotación informática. O mesmo ocorre coa antiga sala de vodas da Rúa Lalín, que hai meses actuaba como sala de vistas específica e que agora poderá empregar tamén este novo xulgado de familia.
Ademais de ofrecer estas instalacións, a Xunta asume o custo dos catro funcionarios que atenderán este novo xulgado, que supera os 130.000 euros. Máis adiante, en función da súa carga de traballo, Xunta e TSXG poderán estudar no seo da súa Comisión Mixta de Coordinación a posibilidade de incrementar o cadro de persoal. 
O partido xudicial de Vigo comprende os municipios de Vigo, Baiona, Gondomar e Nigrán, e  abrangue preto de 340.000 habitantes, é dicir, o 35 por cento da poboación da provincia de Pontevedra. 
_______________________________________

O INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO ACTIVA UNHA NOVA CAMPAÑA PARA GARANTIR A SEGURIDADE NA COMPRA DE DISFRACES E MÁSCARAS

Intensifícanse os controis para asegurar que os produtos que están á venda non presentan riscos, incrementando as inspeccións e analizando no Laboratorio de Consumo artigos de Entroido destinados aos máis pequenos. Esta iniciativa permitiu detectar o ano pasado 11 produtos inseguros, que foron
comunicados á Rede de Alerta Nacional para a súa retirada do mercado
Tamén están programadas diferentes actividades formativas organizadas
pola Escola Galega de Consumo. Desde o IGC recoméndase facer un consumo
responsable ao mercar este tipo de produtos como medida de prevención de
accidentes
_________________________________________

A SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA LEMBRA QUE O 8 DE FEBREIRO PECHA O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS PROBAS DE ACREDITACIÓN DA LINGUA GALEGA (CELGA). O vindeiro luns día 8 de febreiro pecha o prazo de inscrición para todos os interesados. Os exames celebraranse os días 2, 3, 9 e 10 de abril  

_______________________________________


     O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou esta mañá as instalacións de COGAMI na capital galega para coñecer de primeira man as actividades e servizos prestados pola asociación. No transcurso da mesma, na que tamén estivo presente a directora xeral de Maiores e Discapacidade, Coro Piñeiro Vázquez, o conselleiro valorou de xeito moi positivo a labor que se desempeña dende a entidade en prol dos colectivos da discapacidade. 
     Rey Varela subliñou que “COGAMI é un instrumento fundamental para dar voz ao colectivo e ás súas familias, na defensa dos seus dereitos e na consecución da plena integración social”. Por elo, o conselleiro reafirmou o seu compromiso con esta entidade non só a través das palabras, senón do incremento por parte da Xunta de Galicia dos servizos públicos, grazas ao cal, “non só se presta axuda a máis persoas, senón que se chega a novos emprazamentos aproximando así os servizos ás contornas das persoas con discapacidade”, explicou o titular da carteira de Política Social. E, ao fío, José Manuel Rey Varela lembrou que “Galicia é pioneira en ter unha carteira específica dedicada á atención á dependencia e á promoción da autonomía persoal”.
      

     COGAMI nace no ano 1990 coa firme intención de dar solucións ao illamento no que vivían a maioría das persoas con discapacidade, especialmente no rural. Ademais deste obxectivo, hoxe COGAMI busca acadar a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación do asociacionismo e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas. COGAMI é un movemento asociativo que destaca polos seus valores e liderado na procura de novas metodoloxías de traballo coas persoas con discapacidade e na prestación de servizos de excelencia dirixidos a este colectivo.

____________________________________________

CONDE DESTACA QUE A XUNTA RESPALDARÁ Á AUTOMOCIÓN
GALEGA NA IMPLANTACIÓN DA FÁBRICA INTELIXENTE PARA QUE “GALICIA SIGA SENDO UN REFERENTE NO ANO 2025”

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria participou nunha sesión de traballo cos axentes do sector para a elaboración do seu III Plan de Competividade, liderado por Ceaga . Subliña a Industria 4.0 como o principal reto do tecido empresarial, que se suma a outros como a necesidade de gañar tamaño a través da internacionalización e a diversificación; ou a entrada de novos actores como Google ou Apple. A Xunta ten aberta a convocatoria do Concurso de Ideas Industria 4.0, que permitirá probar tecnoloxías demostrativas da fábrica intelixente en sectores estratéxicos da economía galega 
_______________________________

  •      La Junta de Gobierno de la Deputación de Pontevedra aprobó el proyecto de la obra para la construcción de la estación depuradora de aguas residuales (EDAR) del polígono de Barro-Meis . El objeto del contrato es la redacción del proyecto constructivo, la posterior ejecución de la obra y su puesta a punto. La licitación de este concurso fue aprobada en el mes de febrero por un importe de 1.240.250 euros y adjudicada a una UTE de empresas por valor de 980.169,58 euros. Ahora se aprueba el proyecto constructivo, que tendrá un plazo de ejecución de nueve meses. Con este proyecto se dará servicio de tratamiento de las aguas residuales al polígono, que empieza a registrar la instalación de empresas en su espacio. Sobre la nueva EDAR : la nueva planta de tratamiento de aguas residuales, prestará servicio a un gran número de empresas que ya están instaladas en este parque industrial, que abarca una superficie de casi 500.000 metros cuadrados, en el que todavía hay algunas parcelas disponibles.

  • ________________________________________