Máis de 65.500 viaxes do transporte metropolitano beneficiáronse de descontos adicionais de ata o 50 % para familias numerosas.

Máis de 65.500 viaxes do transporte metropolitano beneficiáronse de descontos adicionais de ata o 50 % para familias numerosas.
A Xunta de Galicia puxo en marcha o 1 de decembro do ano 2014 o programa de política tarifaria para familias numerosas no eido do Plan de Transporte Metropolitano. Así, os integrantes de familias numerosas ordinarias dispoñen dun desconto adicional do 20 % sobre os xa establecidos no Plan, chegando ao 50 % no caso de categorías especiais.
O Goberno galego realizou no pasado exercicio unha achega económica de preto de 13.500 euros para posibilitar estas bonificacións adicionais nas viaxes metropolitanas de núcleos familiares numerosos.
No seguinte cadro amósanse os datos do número de viaxes con bonificacións adicionais, así como as contías subvencionadas, dende a entrada en vigor destes descontos, o 1 de decembro de 2014, ata decembro de 2015.
Cómpre lembrar que a bonificación por familia numerosa é compatible con outros descontos do programa tarifario (sociais e recorrencia) nas áreas nas que está en marcha, sen que o importe total das bonificacións poida superar o importe total da viaxe.

O sistema de bonificación para as familias numerosas é o mesmo que o que se aplica para a bonificación por recorrencia para os usuarios que superan os 40 viaxes ao mes. Nese sentido, as viaxes realizadas nun mes polos membros de familias numerosas serán contabilizadas e procesadas e o sistema realizará unha recarga na tarxeta pola contía da bonificación con tan só introducila no caixeiro automático.