En pleno siglo XXI, en Galicia siguen presentes los furtivos que ponen trampas a los animales...

Axentes da Policía Autonómica da Xefatura Territorial de Ourense informaron da imputación dun home como presunto autor da colocación de varios lazos para a caza furtiva de animais nun monte situado no Concello de Carballeda de Avia, en Ourense.
 A actuación enmárcase dentro dun operativo contra o furtivismo cinexético, despois de detectar que en montes do Tecor de Corneira de Avia estábanse a empregar trampas para a captura non selectiva de animais, aparentemente xabarís.
 Tras varias semanas de vixilancia, identificouse ao denunciado nas inmediacións do lugar no que se atoparon as trampas e tras a inspección do seu vehículo encontráronse no maleteiro dous lazos de aceiro corredizo con varias bridas, iguais aos colocados no monte.
Ademais, tamén levaba no coche un fouciño, un martelo, unhas tenaces, alicates, un lazo manual de suxeición para os porcos, un puñal e unha pistola pneumática para o sacrificio de animais. Este tipo de material é empregado habitualmente para a captura de animais de maneira indiscriminada empregada nos montes de Galicia, co conseguinte prexuízo para a fauna silvestre así como as especies cinexéticas.
Como se trata dunha práctica tipificada como infracción moi grave pola Lei de Caza de Galicia, procedeuse a súa denuncia ante a Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.