Deputación garantiza la finalización de las obras de mejora del campo del Alondras, en Cangas

A Presidenta da Deputación de Pontevedra asinou un convenio de colaboración, xunto co Alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos, e o Presidente do Alondras C.F., Luis Guimeráns, para rematar a obra da nova bancada no campo de fútbol do Alondras, paralizadas debido a que a cimentación deseñada non se adaptaba á calidade xeotécnica do terreo.
 O campo de fútbol do Alondras, inaugurado no ano 1971, tiña deficiencias na grada principal do campo que presentaban perigo de derrubamento. Por tal motivo no ano 2014 asinouse un convenio entre a Deputación de Pontevedra, o Concello de Cangas e o Alondras C.F. para impulsar o arranxo das bancadas. Este convenio fixaba como data de fin de obra outubro de 2015 pero, debido á paralización das obras en xuño do ano pasado motivadas por problemas técnicos de cimentación, era necesario formalizar un novo para impulsar o remate da actuación e executar o asinado.
 O novo convenio, asinado esta mañá, ten vixencia ata o 31 de decembro de 2016. A través del, a Deputación de Pontevedra achega 508.349,56 €, contía remanente do ano 2014, para dar por finalizada a construción das novas bancadas do campo de fútbol do Alondras.