12/2/16

Deputación : encauzan el "caso Pousadas" después de la vaquerada de "escándalo" en que se había convertido en la "etapa Louzán"

Pousada Armenteira
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinou este venres o convenio con Arlea Hotels, S.L. para a entrega das Pousadas de Armenteira e A Lanzada para a súa explotación pola empresa adxudicataria. "Desta forma, o  novo goberno da Deputación remata en sete meses coa auténtica desfeita da xestión do que foi o proxecto estrela do ex presidente Rafael Louzán, incapaz de levalo adiante desde 2009, a pesar das reiteradas promesas para a súa apertura, primeiro en Semana Santa de 2015 e despois no verán, sen que se producira en ningunha das dúas datas", explica el organismo provincial en una nota de prensa. 

"O novo goberno provincial tomou posesión o 24 de xullo de 2015 e desde ese momento tivo que adoptar unha serie de decisións de urxencia ante o total abandono que sufría o proxecto.  Hai que lembrar que os edificios das catro Pousadas do Salnés: Armenteira, A Lanzada, Ribadumia e Meaño, estaban rematados desde 2012, hai catro anos. Aínda así, as Pousadas non se entregaran á empresa concesionaria que non asinou xamais un programa de explotación das mesmas, nin as actas de inicio de posta en funcionamento. De feito, a propia empresa adxudicataria puxo de manifesto que os inmobles non podían ser recibidos debido as súas múltiples deficiencias. O seu recurso do 10 de agosto confirmaba que os inmobles non estaban en condicións para a entrega", refiere la comunicación .

Cando o novo goberno de Carmela Silva chega á Deputación atópase con que as catro pousadas non tiñan licenza nin de primeira ocupación, nin de actividade. Ningunha delas tiña ademais seguro para as instalacións. As catro carecían tamén de vixilancia e de seguridade e esgotaran o presuposto para o subministro eléctrico. No caso da Pousada de Meaño nin sequera tiña dado de alta o consumo eléctrico e precisaba dun transformador. De feito, do crédito dispoñible no proxecto Pousadas quedaban só 861 euros e tívose que pedir un préstamo para abonar as facturas eléctricas porque o subministro corría perigo.
Ante semellante situación de abandono, o novo goberno provincial creou un grupo de traballo coa empresa concesionaria para facer un diagnóstico real da situación a fin de ir solucionando as deficiencias. 

"En só dous meses contratouse o seguro para as instalacións por importe de 11.000 euros, pagáronse as facturas eléctricas de máis de 6000 euros, dotouse á Pousada de Meaño dun transformador eléctrico, contratouse a vixilancia dos catro edificios por 30.000 euros e axilizouse a concesión das licenzas de ocupación e turísticas. Armenteira ten licenza, en Ribadumia pagáronse as taxas (31.000 euros) e na Lanzada completouse a documentación solicitada polo Concello para finalizar a súa tramitación. É dicir, en pouco máis de dous meses fíxose máis traballo que nos seis anos anteriores de Louzán, para intentar solucionar un problema creado, aparcado, mal xestionado e ruinoso. Tan ruinoso que sobre un presuposto inicial de 9 millóns de euros, dos que máis de seis millóns e medio viñeron de fondos europeos, cando chega o novo goberno en xullo de 2015, a Deputación de Pontevedra levaba gastados máis de 20 millóns: 20.118.279 euros. O presuposto inicial case se triplica e a achega da Deputación multiplicouse por 5, aínda máis no momento actual polos pagos pendentes que se tiveron que facer", explicaron desde Deputación.

As posibles irregularidades na xestión do proxecto xa foron obxecto de preguntas parlamentarias en Europa no ano 2013 e de denuncia na Oficina Europea de Loita contra o Fraude en 2014. 
Este venres asinouse o convenio coa adxudicataria da acta de inicio de explotación en dúas Pousadas: A Lanzada e Armenteira, unha vez preparada toda a documentación, feitas as reparacións e coas licenzas en regra. En só 7 meses se dan as condicións para a explotación de dúas de catro Pousadas despois dun expediente que naceu no 2009 e que se converteu nun saco sen fondo de diñeiro público
No caso da Pousada de Ribadumia, ten graves problemas para solucionar a súa legalidade e na Pousada de Meaño están en resolución as deficiencias de calado que tiña a construción e espérase a súa finalización en breve prazo.