DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PRESENTA ESTE MÉRCORES NA GUARDA OS TRABALLOS QUE ESTÁ A DESENVOLVER NOS 18 XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS DA PROVINCIA

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polos deputados de turismo, cultura e emprego, Santos Héctor Rodríguez, Xosé Leal e Montse Magallanes, ademais do alcalde e autoridades do concello da Guarda, preside a presentación aos medios de comunicación dos traballos nos 18 xacementos da provincia dentro do protocolo co Ministerio de Fomento e o acto de depósito do "Cabezón do Trega" no Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT) .
O acto comezará ás 11:00 da mañá no MASAT, no cumio do monte, onde o arqueólogo da Deputación de Pontevedra, Rafael Rodríguez, ofrecerá unha visión xeral do protocolo asinado entre o Ministerio de Fomento e a institución provincial para a posta en valor de 18 xacementos galaico-romanos na provincia de Pontevedra. Rodríguez, acompañado da proxección de imaxes en vídeo, dará a coñecer a situación, novidades e estado das actuacións realizadas centrándose no caso específico da Guarda, o xacemento que máis avanzado está das 18 escavacións que se están a acometer na provincia de Pontevedra. 

A continuación terá lugar o acto de depósito do “Cabezón do Trega”, achado nas escavacións realizadas en Santa Trega. Amais, e se o tempo o permite, realizarase unha visita guiada polo arqueólogo da institución provincial comezando no Barrio Mergelina e descendendo ata a escavación.