Deputación aprobou as subvencións para a contratación de 196 persoas dentro do plan de emprego en nove concellos de provincia

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou as subvencións para a contratación de 196 persoas dentro do plan de emprego  en nove concellos de provincia. En concreto, se aprobaron as axudas, por valor de 1.731.669,32 euros para os concellos de Crecente, Lalín, Marín, Mondariz-Balneario, Pazos de Borbén, O Porriño, Ribadumia, Rodeiro e Tui.
Esta é a segunda relación de concellos para os cales se aproban as  subvencións para a contratación de persoal para el plan de conservación e funcionamento de ben e servizos municipais  dentro do “Plan Concellos 2016”.
O Plan Concellos 2016 supón unha transferencia  de 40 millóns de euros que a Deputación pon a disposición dos 62 concellos da provincia para desenvolver políticas de emprego, inversións, cultura, etc.  Este plan repártese  en 16 millóns de forma lineal entre os concellos da provincia, de xeito que a cada un lle corresponde unha cantidade fixa de 266.666,67 €. A cantidade restante, 24 millóns de €, repartiranse atendendo a tres criterios: a poboación de cada concello (o 60%), a súa superficie (20%) e os seus núcleos de poboación (20%). Así, os concellos de menos de 10.000 habitantes contarán con 7,2 millóns de €, os que teñan entre 10.000 e 20.000 habitantes 9,6 millóns e os que conten con entre 20.000 e 50.000 habitantes recibirán 7,2 millóns de €. 
Nesta segunda relación aprobáronse as axudas para a contratación de dez persoas en Crecente (85.671,60 €); trinta e catro persoas en Lalín (352.170 €); vinte e catro persoas en Marín (141.146 €); catorce persoas en Mondariz-Balneario (58.987,32 €); vinte persoas en Pazos de Borbén (84.267,60 €); trinta persoas en O Porriño (228.150,60 €); vinte e dous persoas en Ribadumia (97.292,23 €); vinte persoas en Rodeiro (76.861,27 €); e vinte e  dous persoas en Tui (213.805 €).

Tamén na Xunta de Goberno da Deputación aprobáronse  as axudas,  dentro do “Plan de Concellos 2016” para a amortización de débedas con entidades financeiras e o pagamento de acredores, para os concellos de Catoira e A Lama. Para o primeiro a cantidade que recibiu o visto boda Xunta de Goberno e de 56.979,15 euros para o pago de acredores e para o segundo a cantidade é de 60.000 euros para o pago de débeda financeira.