Contra viento y marea, los de Bueu no paran : echó a andar el Mercado do Entroido

Hoxe iniciouse o Mercado Tradicional do entroido no 1º andar da Praza Abastos de Bueu.  Pola tarde vai haber un "Obradoiro infantil de elaboración de chulas de bufeta" ás 17.30 horas e unha sesión de contacontos ás 19 horas. 
Ademais este sábado continúan as actividades do Mercado Temático de Entroido, organizado pola Concellaría de Promoción Económica e Turismo, para dinamizar a Praza de Abastos e os produtos locais e agroecolóxicos. O mercado permanecerá aberto entre as 10 e as 14 horas, cando se clausurará. Como principal novidade, a partir das 12 horas desenvolverase unha demostración e degustación gastronómica de cocido galego e sesión vermú a cargo de A Tenda de Gata e Bodegas Lodeiros. Como incorporación de última hora, o grupo de música tradicional galega Trangallada amenizará o mercado a partir das 12 horas.

O CONCELLO ENTREGOU O PREMIO DO CONCURSO DE CARTEIS A MARC TAEGER E PRESENTA A PRIMEIRA FESTA DE DISFRACES
  • Debido ao mal tempo, aprázanse os desfiles do Enterriño da Sardiña e do Paxaro de Mal Agoiro previstos para este domingo. A data aínda está por confirmar
O debuxante e ilustrador de Bueu, Marc Taeger recolleu o premio do Concurso de Carteis do Entoido 2016, organizado polo Concello de Bueu, e do que o xurado, composto pola concelleira Silvia Carballo e as artistas Marta Díaz e Dana Díaz, destacou o seu colorido, pictoricidade e calidade artística, ademais da súa capacidade para capturar o “espírito do Entroido buenense”.
A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Silvia Carballo, foi a encargada de entregarlle o premio nun pequeno acto que tivo lugar no Centro Social do Mar, aproveitando as dúas exposicións que agora mesmo están abertas: unha sobre “Concurso de carteis do Entroido” e a outra sobre “A historia do Entroido en Bueu”.
O artista mostrouse moi contento por este premio valorado en 300 euros, e explicou que a técnica empregada é a da pluma de gaivota, con tinta como se facía antigamente. A idea que subxace tras o seu deseño é a dunha desbandada de plumas que simbolizan a morte do paxaro e, ao mesmo tempo, a festa do Entroido. O artista buenense xa participara outra vez neste concurso, no que quedara finalista.
Ademais, tamén aproveitaron para presentar a primeira FESTA DE DISFRACES que vai ter lugar mañá sábado na carpa sita na Praza Massó. Segundo resaltou o organizador Jordi Lauren, esta iniciativa xorde para “facer unha festa de disfraces a modo de concentración nun espazo concreto, afastada dos tradicionais desfiles”. A festa está pensada como un espectáculo familiar, que inclúe un karaoke infantil de 17 a 18.30 horas, no que os nenos e nenas escollerán as cancións a cantar, e dous concertos do entorno de Bueu. The Grave Dolls e Gold&Colt actuarán desde as 21 ás 23.30 horas, e combinarán o estilo country co rock cunha música apta tanto para nenos como para adultos.
Como novidade, o Concello decidiu aprazar os Desfiles do Enterriño da Sardiña e do Paxaro de Mal Agoiro, que se ían celebrar este domingo, pero que debido ao mal tempo van ter lugar noutra data aínda por definir. 
MERCADO TEMÁTICO DE ENTROIDO
Ademais, este sábado continúan as actividades do Mercado Temático de Entroido, organizado pola Concellaría de Promoción Económica e Turismo, para dinamizar a Praza de Abastos e os produtos locais e agroecolóxicos. O mercado permanecerá aberto entre as 10 e as 14 horas, cando se clausurará. Como principal novidade, a partir das 12 horas desenvolverase unha demostración e degustación gastronómica de cocido galego e sesión vermú a cargo de A Tenda de Gata e Bodegas Lodeiros. Como incorporación de última hora, o grupo de música tradicional galega Trangallada amenizará o mercado a partir das 12 horas.