El cartel de Marc Taeger triunfa mientras Bueu estudia el aprovechamiento de montes comunales y en Moaña sigue el lío del paseo de A Seara

Reunión con investigadores UVIGO 
sobre aproveitamento de montes comunais
BUEU.- Silvia Carballo, concelleira de Promoción Económica e Turismo, e Sonia Cabodevila, técnica de desenvolvemento local e emprego, reuníronse con investigadores do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencia do Solo da Universidade de Vigo, nunha primeira toma de contacto para buscar unha colaboración de cara ao aproveitamento de montes comunais para destinalos a proxectos sostibles e ecolóxicos. O obxectivo é pois “potenciar o noso, pero para iso precisamos o apoio de especialistas en xestión sostible”, declarou Carballo. Esta reunión, na que estiveron Emma Covelo, investigadora da área de edafoloxía, e Nuria Pedrol, experta en agricultura ecolóxica, ademais de dous estudantes que están preparando a súa tese, vén tras o interese mostrado polo ente universitario para asesorar ás persoas que queiran implantar proxectos sostibles nas parcelas de uso comunal, tal e como establece a ordenanza de aproveitamento de montes comunais non clasificados, que ten pendente de aprobación o goberno local.


Cambio de luminarias LED na Avenida de Marín, en Bueu
BUEU.- Esta semana os servizos de electricidade do Concello de Bueu veñen de comezar as obras de renovación e substitución de luminarias LED na Avenida de Marín de Bueu. O executivo local quere seguir apostando polo aforro enerxético e impulsa a segunda fase co cambio de 55 luminarias: dezaseis na Avenida de Marín e trinta e nove na rúa Pazos Fontenla. Ademais, tamén se están limpando e pintando os báculos de branco, para lograr unha mellora, tanto estética como na calidade dos servizos de iluminación. Esta fase, que supón un investimento de aproximadamente 16.000 euros, completa as renovacións xa realizadas na recta de Agrelo e Portomaior, mediante as cales se traballa na consecución dun duplo obxectivo: mellora no servizo de iluminación dos viais e espazos públicos, e aforro económico e eficiencia enerxética.


Marín firmará un convenio con Zona Franca 
para implantar su vivero local de empresas 
MARIN.- El Concello de Marín y el Consorcio de la Zona Franca de Vigo promueven de forma conjunta un vivero de empresas "en aras a impulsar el emprendimiento y a fortalecer el tejido empresarial existente en dicho territorio", motivo por el cual pretenden formalizar un convenio de colaboración. El Concello de Marín colabora, a través de los agentes de empleo y desarrollo local, en la implantación de las políticas de empleo relacionadas con la creación de actividad empresarial. En este contexto, "y en aras a impulsar el emprendimiento y a fortalecer el tejido empresarial existente en este término municipal", el gobierno que preside María Ramallo está interesado en la implantación de un vivero de empresas en el que, por la fuerte vinculación de sus gentes con el mar, se incluiría un espacio para poder llevar a cabo demostraciones de aprovechamiento de los distintos productos del mar.


Continúa el lío del paseo de A Seara, en Moaña
Siguen diciendo que no arrojan la toalla de la protesta, de modo que vecinos de Moaña mantienen firme su oposición a la construcción del paseo de Seara en el modo que pretende el actual gobierno del Concello. Un centenar de personas, una vez más, este miércoles, volvieron a cortar el tráfico en la calle Concepción Arenal, tras lo que, como es habitual, se fueron a protestar a las puertas del Concello. La alcaldesa Leticia Santos y el edil de Urbanismo Odilo Barreiro les escucharon.  
Los vecinos se muestran contrarios a que el trazado del paseo a construir bordee destartalado astillero de ribera. El Concello manifiesta la necesidad de continuar con las obras para no pagar a la empresa 50.000 euros en concepto de lucro cesante. Los manifestantes, una vez más advierten de que van a seguir con sus movilizaciones.



Y el ganador 
del concurso de carteles 
del Entroido 2016 de Bueu es... 
O gañador do concurso de carteis do Entroido 2016 organizado polo Concello de Bueu é Marc Taeger, debuxante e dirixente da librería especializada en literatura infantil e xuvenil Lobocoxo. O xurado, composto pola gañadora e finalista do ano pasado, Marta Díaz e Dana Díaz, e pola concelleira de Turismo, Silvia Carballo, reuniuse hoxe ás 13.30 horas na Sala Domínguez Búa, e decidiu outorgar o premio de 300 euros a Taeger, polo feito de que se trate dun cartel moi artístico, colorido e pictórico, e que logrou capturar moi ben o espírito do Entroido.