Compostero en Petís (Bueu) no va adelante : rectificar es de sabios

O goberno local de Bueu vai desistir da súa proposta de colocar un dos catro composteiros solicitados á Deputación na zona de Petís. A decisión obedece ás reticencias dun grupo de propietarios de dous edificios colindantes, ante o cal o executivo prefire non apostar por esta localización para a primeira fase do plan de compostaxe provincial no que participa. Nunha xuntanza celebrada este martes ante algúns destes veciños e veciñas, na que ademais do alcalde Félix Juncal, estivo o concelleiro de Servizos Fidel Castro e o concelleiro e deputado provincial Xosé Leal, comunicouse a decisión xa que dende o goberno entenden que a base principal desta iniciativa está na participación da veciñanza para que visualice os aspectos positivos da mesma.

SIGUE EL ENTROIDO CONTRA VIENTO Y MAREA
O Concello de Bueu continúa coa súa programación de Entroido facendo fronte ás inclemencias do Entroido. Mañá xoves, de 17 a 19 horas desenvolverase o Entroido Infantil, na carpa da Praza Massó, que incluirá obradoiros, xogos e animación, e que está organizado pola concellaría de cultura en colaboración co Club Golfiños.
Pola súa banda, o venres ás 10 horas abrirase o Mercado Temático de Entroido, organizado pola concellaría de Promoción Económica e Turismo, e que contará con oito expositores de produtos típicos destas datas, ademais de varias actividades.