Cangas e Moaña reclaman melloras no transporte ao hospital Álvaro Cunqueiro

CANGAS E MOAÑA REÚNENSE COA SUBDIRECCIÓN XERAL DE ORDENACIÓN DO TRANSPORTE 
Esta mañá, o alcalde de Cangas, Xosé M. Pazos, a tenente de alcalde, Mercedes Giráldez, e a concelleira de Turismo, Tania Castro, viaxaban a Santiago de Compostela xunto cos representantes do Concello de Moaña para reunirse co Subdirector Xeral de Ordenación do Transporte e a Xefa do Servizo de Ordenación do Transporte Regular de Viaxeiros. 
Ambos concellos solicitaron máis frecuencias para o transporte ao Álvaro Cunqueiro, así coma un novo horario que se adapte ás necesidades da poboación. Dende a Subdirección comprometéronse a estudalo e a negociar as frecuencias coa empresa concesionaria do transporte (Monbus). 
Por outra banda, os representantes cangueses e moañeses non recibiron resposta á petición de habilitación dunha liña directa por autopista, aínda que se comprometeron a estudar a situación para buscar como encaixalo.