Bueu protesta ante lo que se viene encima : los Concellos multan y el Estado recauda

A concellaría de tráfico de Bueu, dirixida polo edil Fidel Castro, quere mostrar o seu malestar tras a recepción dunha circular por parte do Ministerio no tocante ás denuncias en materia de tráfico nas travesías urbanas.
Así, ata o de agora, dentro do casco urbano, e con independencia da titularidade do vial e da súa categoría, o Concello asumía a denuncia das infraccións e a potestade sancionadora. Con todo, nos últimos días, o Ministerio emitiu unha circular aos concellos na que se anuncia que a partir de agora os municipios seguirán tendo a competencia na denuncia, pero a potestade  sancionadora corresponderá ao ente estatal.

Resumindo, o Concello vai ser o que pon os medios e o traballo para denunciar, e quen recada é finalmente o Estado, algo que parece “anómalo e intolerable”. O goberno local de Bueu considera que é esta unha mostra máis de falta de respecto á autonomía local e, do abuso no que  incorre o poder central ao controlar absolutamente todo e non deixar marxe de actuación aos municipios.