16/2/16

Bueu : COMEZAN AS OBRAS DE ASFALTADO EN MEIRO-A PORTELA


O alcalde de Bueu, Félix Juncal, e os concelleiros Fidel Castro e Silvia Carballo visitaron na mañá de hoxe as obras de asfaltado que comezaron onte no viario de Meiro-A Portela, e en cuxo asfaltado e pavimentación se atopan agora operarios da empresa adxudicataria. Esta actuación comprende tamén un camiño na zona de Cabalo, que se culminou onte, e vai con cargo a unha baixa nunha obra da Deputación de Pontevedra, e a continuación vanse pavimentar a estrada de acceso ao cemiterio de Ermelo e unha en Sar (Cela).  O orzamento de adxudicación da obra de arranxo, limpeza de cunetas e asfaltado é de 41.230 euros, IVE incluído. 

Por outra banda, o alcalde, acompañado polo aparellador municipal, dirixiuse ao estaleiro da Banda do Río para ver e estudar as alternativas que hai para facer un apeo da instalación, tras o empeoramento das condicións físicas nas que se atopa. O goberno local destina unha partida superior a 300.000 euros para a primeira fase de rehabilitación deste estaleiro, unha medida que responde a unha petición histórica.