Alondras y Barco no pasan del empate : sigue el peligro amenazante de la zona de descenso para los de Cangas


Texto y foto de SHEILA LORENZO

EMPATE SEN GOLES ENTRE ALONDRAS E BARCO
As condicións meteorolóxicas condicionaron un encontro con pouco fútbol
Disputábase a decimo quinta xornada da Terceira División entre o Alondras CF e o Barco, dous equipos que malia comezar a tempada con intereses ben distintos chegaban separados por seis puntos na clasificación e con necesidades algo distintas. Pois o Alondras buscaba tres puntos que lle deran aire para separarse da zona de perigo, mentres que o Barco buscaba continuar coa boa traxectoria que leva no seu regreso á Terceira. 

Nos primeiros minutos de xogo ambos conxuntos probaron sorte cun par de tiros que non supuxeron nada para o encontro. A partir de aí era o Barco quen tiña maior dominio e non deixaba que o Alondras pasase do medio campo practicamente, en parte propiciado porque os homes de Jacobo Montes comezaron bastante descolocados no terreo de xogo. En cambio foron gañando terreo a medida que avanzaba o encontro e tiñan máis o balón, o que propiciou algunhas aproximacións ao área, como un centro de Mauro que se paseou por liña de gol, pero non chega a empurrala Fiuza ou un tiro potente de Rubén dende fóra do área que despexa Macía a córner. Sen embargo chegaríase ao descanso co marcador a ceros, tras 45 minutos sen ningunha ocasión clara por parte de ningún conxunto.

O segundo tempo non variou moito do anterior cun Alondras con maior posesión e buscando portería e o Barco que dispoñía dalgunha contra. No 53 a piques estivo Centrón de inaugurar o marcador, tentou aproveitar que Macía estaba moi adiantado e probou sorte cun potente tiro afastado que se lle marchou por pouco.  O Alondras seguía rondando a porta de Macía, pero sen chegar a crear excesivo perigo. No tramo final do encontro foi o Barco quen se apropiou do balón e tamén contaron con algunhas chegadas como unha internada de Rodri pola dereita que atallou ben Martín. Pero o encontro chegou ao final cun 0-0 que amosou o respecto que se tiveron ambos conxuntos no terreo de xogo e ese medo a encaixar un gol, que tal e como estaba o terreo de xogo podía ser difícil de remontar.
Tras este empate o Alondras suma 30 puntos e queda na decimo terceira posición, mentres que os de Valdeorras son sétimos con 36. Na vindeira xornada o Alondras visitará ao Ribadumia, pola contra o Barco recibe ao Noia.

FICHA TÉCNICA:
ALONDRAS CF: Martín, Rubén Comesaña, Rafita, Fiuza, Agujetas, Abel, Joni (Benja, min 70), Diz, Adrián, Centrón, Mauro.
CD BARCO: Macías, Rubén Arce (Rubén García, min 57), Deivis (Rafa, min 76), Pablo Corzo, Omar, Adil, Javi Recamán, Borja, Mitogo, David Álvarez, Tato (Rodri, min 60).
ÁRBITRO: García Villaverde, auxiliado por Cinza Seoane e Bouza Pena do colexio de Ferrol. Amonestou polo Alondras a Fiuza, Benja e Rubén Comesaña e a Borja e o fisioterapeuta Dani por parte do Barco.
CAMPO: O Morrazo, ante uns 600 espectadores.