Alerta naranja : la Xunta advierte de temporal a partir de la tarde de este sábado

Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará ao litoral da nosa comunidade, a partir da tarde de mañá, sábado.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), espéranse ventos do noroeste de forza 8, con mar combinada entre 6 e 8 metros, que dará comezo na tarde de mañá na costa da provincia de Pontevedra, A Coruña e na costa lucense 

Ademais, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior tendo en conta os informes de Aemet, Meteogalicia, Augas de Galicia e a Confederación Hidrográfica, agarda novos incrementos dos caudais nos ríos da Comunidade Autónoma, o que suporá o enchido dos cauces e posibles desbordamentos, de carácter puntual, agardando un aumento dos niveis dos ríos en todo o fin de semana. En previsión destes feitos, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, activa o plan especial de Protección Civil ante o risco de anegamentos en fase de alerta.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.


Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.