Agentes sectoriales son contactados por Deputación para impulsar el Centro Provincial de Asesoramento Empresarial (CPAE 2.0)

O deputado provincial Javier Dios mantivo un encontro con representantes do sector comercial e turístico da provincia para dar impulso ó Centro Provincial de Asesoramento Empresarial (CPAE 2.0) A Deputación de Pontevedra acolleu esta mañá unha reunión con axentes sectoriais da provincia de Pontevedra para impulsar o Centro Provincial de Asesoramento Empresarial.
Acudiron ata o Pazo Provincial representantes de FEGAPE, do Centro Comercial Urbano Zona Monumental, do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo e da Asociación de Comerciantes de Ponteareas que coñeceron, da man do deputado Javier Dios, o funcionamento do CPAE 2.0, servizo de asesoramento TIC para as empresas.
 Este encontro cos axentes sectoriais da provincia de Pontevedra serviu para dar a coñecer o CPAE 2.0, unha rede de seis centros situados en Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e O Porriño que presta un servizo de información a pemes da provincia de Pontevedra e ten por obxectivo potenciar o desenvolvemento económico da provincia a través das tecnoloxías, aumentar a produtividade, introducir a innovación, facilitar a implantación do comercio electrónico e impulsar a venda online.
 O deputado destacou a importancia destas reunións para coñecer de primeira man as necesidades e achegas dos axentes sectoriais da provincia, coa finalidade de que o Centro Provincial de Asesoramento Empresarial responda a demandas reais que permitan impulsar o sector empresarial e económico da provincia de Pontevedra.