Abrigos, guantes, bufandas... qué queredes, acaso non estamos no tempo?



SÁBADO
A situación meteorolóxica nesta xornada queda marcada pola inestabilidade e a presenza de aire frío de orixe polar marítimo. Deste xeito teremos o ceo parcialmente anubrado con chuvascos de tipo intermitente, localmente treboentos, algo máis xeneralizados e frecuentes pola tarde. Estes chuvascos poderán vir acompañados ocasionalmente de sarabia preto da costa e serán de neve por riba dos 400 metros nas primeiras horas, tendendo a subir progresivamente a cota de neve a medida que avance a xornada. As temperaturas descenderán, con xeadas xeneralizadas no interior e sensación de frío durante o día. Os ventos soprarán do noroeste, moderados no interior e fortes no litoral e zonas altas. METEOGALICIA)



DOMINGO .- Durante este día persistirá aínda certa inestabilidade atmosférica. Deste xeito, agárdanse ceos con alternancia de nubes e claros, con chuvascos máis probables canto máis ó norte. A cota de neve irá subindo durante a xornada, desde os 1000 ós 1200 metros. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso nos valores mínimos e moderado nos máximos. Os ventos soprarán de compoñente norte, moderados no interior, fortes na costa.