Abrigo y bufanda, que vuelve el frío en este fin de semana

JUEVES > Durante esta xornada Galicia queda nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións; xa pola noite una fronte fría provocará chuvias máis significativas e un descenso das temperaturas. Deste xeito, durante o día os ceos estarán anubrados ou moi anubrados, con precipitacións intermitentes e xa pola noite os ceos estarán cubertos con chuvias xeneralizadas. A cota de neve estará en 1200 metros durante o día. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente mentres que as máximas non terán cambios significativos. O vento soprará frouxo de compoñente oeste, con intervalos moderados no litoral.

VIERNES > O venres Galicia queda baixo a influencia dunha borrasca que se move polo Cantábrico achegando aire polar marítimo. Predominarán os ceos con intervalos anubrados e chuvascos xeneralizados, ocasionalmente de forte intensidade, que poden vir acompañados de aparato eléctrico e sarabia; a cota de neve irá descendendo dende os 1000 metros a primeira hora ata os 400 metros pola noite e na madrugada do sábado. As temperaturas descenderán, especialmente as máximas, con sensación térmica de frío. Os ventos soprarán do noroeste, fortes no litoral e zonas altas e frouxos a moderados no interior.

SÁBADO > A situación meteorolóxica nesta xornada queda marcada pola inestabilidade e a presenza de aire frío de orixe polar marítimo. Deste xeito teremos o ceo parcialmente anubrado con chuvascos de tipo intermitente, algo máis xeneralizados e frecuentes pola tarde. Estes chuvascos poderán vir acompañados ocasionalmente de sarabia preto da costa e serán de neve por riba dos 400 metros nas primeiras horas, tendendo a subir progresivamente a cota de neve a medida que avance a xornada. As temperaturas descenderán, con xeadas xeneralizadas no interior e sensación de frío durante o día. Os ventos soprarán de compoñente oeste durante o día entre moderado e forte rolando a norte durante a noite.

PRONÓSTICOS DE METEOGALICIA