A XUNTA REMITE AOS CONCELLOS DA ÁREA METROPOLITANA DE VIGO A PROPOSTA PARA MODIFICAR O ARTIGO RELATIVO AO TRANSPORTE

A Xunta de Galicia vén de remitir aos 14 concellos que conforman a Área Metropolitana de Vigo unha carta xunto ao texto no que se propón a modificación do artigo da Lei relativo ao transporte público de viaxeiros. 

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López.Chaves, o director xeral de Administración Local, Alberto Pazos Couñago, e a directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, compareceron hoxe en rolda de prensa para explicar a proposta que se remitiu aos concellos tal e como se acordou no último encontro celebrado na Delegación da Xunta. 

Coma dixo López-Chaves, o documento se envía co obxectivo de “traballar” sobre o mesmo ademais de propoñer xa unha nova data para reunirse o vindeiro día 22 de febreiro “aberto á axenda dos alcaldes”. “A finalidade é discutir e resolver este tema do transporte metropolitano”, matizou o delegado, quen insistiu na “vontade continua” do Goberno galego por poñer en marcha a Área Metropolitana. 

O director xeral de Administración Local explicou, pola súa banda, as dúas posibilidade que se propuxeron  no último encontro.  A que defende a Xunta coma “enormemente ambiciosa” e que pasa por configurar “un único transporte metropolitano para o conxunto de todos os concellos”, e a que presentou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e que pasa por configurar un sistema metropolitano que “inclúa soamente o interurbano e buscar un sistema de coordinación co urbano”, informou Pazos Couñago. Coma dixo, o texto remitido “concilia” as dúas posturas redactando un documento que concita “o sentir maioritario que expresaron os alcaldes”. 

Neste senso, e coma informou, se inclúe un comité de coordinación con competencias executivas que sexa quen de coordinar os dous servizos, con tres premisas básicas que son acadar a optimización do servizo do transporte público no ámbito da área, evitar duplicidades ou solapamentos no transporte e abaratar os servizos nunha dobre dirección: de cara ao custe que supón para as administracións públicas e de cara ao acceso ao mesmo para todos os cidadáns. 

Para conseguilo, se ofrece un comité de coordinación composto por tres representantes, un un da Xunta porque é a responsable de coordinar a súa vez as competencias de transporte que exceden o ámbito metropolitano, un daqueles concellos que non teñen transporte urbano e un un dos concellos que teñen transporte urbano e que, nestes momentos, correspondería a Vigo

Así, dito comité tería coma funcións a coordinación sobre a ordenación de rutas, frecuencias, horarios e paradas así coma un asunto “moi importante no que insistiron moitos alcaldes” e que pasa por determinar as fórmulas de penetrabilidade do transporte. É dicir, e coma especificou o director xeral, establecer as condicións “nas que ese transporte interurbano pode penetrar na cidade de Vigo e as distintas paradas que garantan un servizo óptimo para os cidadáns e, reciprocamente, establecer as condicións nas que o transporte urbano poida exceder o ámbito urbano para prestar un servizo axeitado a todos os usuarios que decidan usar ese transporte e evitar os solapamentos entre ambas”. 

Ademais, tamén tería a obriga de traballar na coordinación dos sistemas tarifarios e de establecer as condicións nas que, nun futuro, se estableza un billete integrado que permita que calquera cidadán que se suba ao transporte público” inicie e complete o seu transporte cun único billete”.


De todos modos, Pazos Couñago aclarou que se trata dun documento de traballo “que vamos a someter a consideración dos 14 alcaldes” esperando que  na vindeira xuntanza “se debata en profundidade” co obxectivo final de “dar un novo e importante avance para desbloquear este tema de xeito definitivo e poder poñer en marcha dunha vez por todas a Área Metropolitana de Vigo”.