Éxito del III Trial de Cela con 395 participantes

Este domingo, 24 de xaneiro, celebrouse o III Trail de Cela, organizado polo Clube Corredoiras, en colaboración co Concello de Bueu e co Clube Triatlón Morrazo. Participaron un total de 395 persoas, entre a andaina e a carreira de 25 quilómetros. 
Na carreira, Aida García López, do Olímpico de Vedra, impúxose como gañadora na categoría de veterán feminino, cun tempo de 2:16:24, mentres que na categoría masculina foi Luis Calvo Castro, do Club Montaña Ribeira Sacra, cun tempo de 1:47:20. 
En veterán feminino, a gañadora foi Ana Martín Herrero, cun tempo de 2:49:57, e en veterán masculino, Emilio Ferreiro Herves, que percorreu os 25 quilómetros en 2:12:33.

A proba partiu ás 9.30 horas no caso da andaina e ás 10 horas para a carreira, e o percorrido discorreu por lugares como o Igrexario de Cela, Paralaia ou Ermelo. Tal e como resaltaron os organizadores, este ano modificouse o percorrido, facéndoo máis natural e máis técnico