Tribuna Libre : Qué esperar de alguén que so se preocupa de si mesmo? - morrazo tribuna

Random Posts

test

Post Top Ad

4/11/14

Tribuna Libre : Qué esperar de alguén que so se preocupa de si mesmo?

Marta Freire
Otra vez Marta Freire, la implacable líder socialista en Moaña, con el alcalde Fervenza, ahora, en el punto de mira. Bajo el título que llevamos al encabezado de esta información, hizo público el siguiente texto de Opinión.

Qué esperar de alguén que so se preocupa de si mesmo?

O grupo socialista ven denunciando dende hai tempo que o Alcalde de Moaña soamente se preocupa de sí mesmo e de quedar ben de cara a galería para despois non facer nada. Temos un goberno anclado na oposición, que so sabe falar do pasado, sen propostas para o futuro, sen alternativas que ofrecer aos moañeses e cun único obxetivo, que os veciños non se enteren das súas falcatruadas para ver si teñen a sorte de permanecer outros catro anos máis "desgobernando".

No seu ímpetu por falar do que fixeron outros esqueceronse de que son goberno, puxeron ao descuberto que non  teñen nada que ofrecer e que durante tres anos non cumpriron ni unha soa promesa. Tres anos de PP en Moaña supón: Orzamento sen presentar, débedas de máis de 130.000€ mensuais, mentiras e conflictos con personal do Concello, plazas vacantes na praza de abastos sen adxudicar, programa aquelar desaparecido, ordenanza de terrazas sen cumplir, PXOM sen rematar, Beque e demais instalacións deportivas abandonadas, sen bandeiras azuis, sen convocar o consello escolar municipal...

Dende o grupo socialista xa non so denunciamos que non cumpran o que prometeron fai tres anos no seu programa senon que non son capaces de levar a cabo nin o que apoian mes a mes nos plenos. Seguimos esperando a que se tramite algunha das propostas presentadas polos socialistas no pleno:  reducción e exención no pago de impostos aos veciños con dificultades ecómicas, xestionar coa ORAL o fraccionamento no pago de impostos, solicitud de devolución do céntimo sanitario, xestionarn coa Xunta que  o servicio de comedor non peche no periodo vacacional para permitir conciliar a vida laboral e personal e como medida para evitar a exclusión.....

Temos un Alcalde que non escoita, que non se preocupa por Moaña como ven reflexan os datos e que ni tan sequera nos plenos mostra interese polo que din os seus veciños ou o resto dos grupos. Un Alcalde máis pendente do seu teléfono móvil que de escoitar os argumentos do resto.

Marta Freire
Portavoz Grupo Socialista de Moaña


+ popular


ediciones periódicas impresas

The Relaxation Time

Post Bottom Ad