Millán Mon apoya el acuerdo de pesca de Europa con Senegal por beneficioso para Galicia - morrazo tribuna

Random Posts

test

Post Top Ad

9/11/14

Millán Mon apoya el acuerdo de pesca de Europa con Senegal por beneficioso para Galicia

BRUSELAS .- O eurodeputado popular, Francisco Millán Mon, amosouse a favor do Acordo de pesca da Unión Europea con Senegal. Así o expresaba o dirixente popular trala reunión que mantivo esta semana a Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, onde se debateu o Acordo pesqueiro acordado en abril entre a Unión Europea e Senegal.

Segundo Francisco Millán Mon, o restablecemento das relacións pesqueiras con Senegal, interrompidas desde 2006, trátase dunha gran noticia. Neste senso, o eurodeputado popular amosou o seu apoio á aprobación do Acordo por parte do Parlamento Europeo. 

Así mesmo, Millán Mon interesouse ante o representante da Comisión Europea  pola data na que sería asinado o Acordo. Con respecto a isto, a Comisión aclarou que a firma tería lugar o día 20 ou o 21 do presente mes de novembro.


+ popular


ediciones periódicas impresas

The Relaxation Time

Post Bottom Ad