Fomento empleará 5 millones para ayudar a Deputación en el plan de recuperación de los yacimientos galaico-romanos - morrazo tribuna

Random Posts

test

Post Top Ad

5/11/14

Fomento empleará 5 millones para ayudar a Deputación en el plan de recuperación de los yacimientos galaico-romanos

Yacimiento en O Facho, Donón, Cangas
CANGAS / PONTEVEDRA .- O Ministerio de Fomento compromete para os vindeiros catro anos un investimento de preto de 5 millóns de euros para o proxecto de recuperación e posta en valor dos xacementos galaico-romanos da provincia de Pontevedra que impulsa a Deputación.
Así o confirmou esta mañá o presidente da Administración Provincial, Rafael Louzán, nunha visita realizada ao Monte do Castro (Ribadumia), en compañía do director xeral de Arquitectura do Ministerio de Fomento, Juan Van Halen, e do subdirector xeral de Arquitectura, Francisco Javier Martín Ramiro.
20 castros
Louzán destacou que se trata dun proxecto moi ambicioso, que se vai desenvolver no Monte do Castro e noutros 19 xacementos da provincia, co obxectivo de “recuperar e poñer en valor a historia de provincia e de Galicia”.
Neste sentido, Van Halen fixo fincapé en que se trata “dun traballo moi interesante”, que permitiu que, despois de 4 anos de evolución “se puidesen descubrir restos moi importantes, probablemente dos mellores que se teñen atopado neste tipo de castros”, polo que “o Ministerio de Fomento quere contribuír a un proxecto global no que se van recuperar, divulgar e musealizar eses restos, para poder dar a coñecer estas formacións tan típicas e importantes como son os castros galegos”.
Con ese obxectivo, os orzamentos xerais do Estado contemplan unha achega de 200.000 euros para actuacións en 2015, que se elevan ata un total de case 5 millóns de euros para un período de 4 anos.
Louzán agradeceu a sensibilidade e compromiso demostrados tanto por Van Halen como pola ministra de Fomento, á hora de apostar polo proxecto que a Administración Provincial presentou para optar ao 1% cultural do citado ministerio e que, tal e como subliñou, “é indispensable para garantir a viabilidade desta actuación e deste proxecto no futuro”.
Monte do Castro e xacementos de Arousa
A visita ao Monte do Castro vén dada por que é neste xacemento onde na actualidade se están a realizar traballos de consolidación e recuperación, financiados nesta ocasión con fondos propios da Deputación.
Louzán destacou que “se está a recuperar o ritmo” de execución do proxecto e nestes momentos son preto de 20 persoas as que traballan na consolidación do xacemento.
Ao longo de 2015 continuarase, xa con apoio dos fondos do ministerio, a traballar nos 20 xacementos que integra o proxecto e que se corresponden todos eles con castros da época galaico-romana, datados entre o século V antes de Cristo e o V despois de Cristo.
Entre eles figuran varios xacementos da comarca de Arousa, como o de A Lanzada, Adro Vello, Valga ou Castro Alobre., aos que se suman outros en distintos puntos da provincia, como o Monte do Facho en Cangas ou Santa Tegra en A Guarda.
6.000 metros cadrados escavados
En canto ás labores que se están a realizar, céntranse na consolidación e restauración dos 6.000 metros cadrados que actualmente están escavados, co obxectivo de que poidan poñerse en valor sen que corran o risco de deteriorarse.
Neste sentido, o arqueólogo da Deputación, Rafael Rodríguez, destacou que “quedarían por escavar moitos máis metros cadrados, pero o primordial é consolidar o que xa hai, porque se non perderíanse estruturas e información e iso repercutiría na conservación dos restos”.
Louzán destacou que os restos atopados no Monte do Castro son “todo un descubrimento” e amosan a gran riqueza deste espazo. Así, tal e como sinalou Rafael Rodríguez, son 400.000 as pezas atopadas neste xacemento, entre as que destaca un caldeiro de bronce e remaches atopado na parte máis alta, na acrópole, e que non ten paralelos en ningunha parte da Península Ibérica, así como pezas de cerámica “que rompen cos modelos típicos da idade de ferro do noroeste ou o ídolo que protexía a entrada do xacemento”, entre outras moitas.


+ popular


ediciones periódicas impresas

The Relaxation Time

Post Bottom Ad