A XUNTA DESTACA QUE GALICIA FOI PIONEIRA NA RACIONALIZACIÓN DA ADMINISTRACIÓN PARALELA - morrazo tribuna

Random Posts

test

Post Top Ad

10/11/14

A XUNTA DESTACA QUE GALICIA FOI PIONEIRA NA RACIONALIZACIÓN DA ADMINISTRACIÓN PARALELA

  • O vicepresidente, Alfonso Rueda, participou esta mañá na apertura das xornadas de debate sobre “Os entes instrumentais da Administración Pública de Galicia”
  • O plan de racionalización leva suprimidos máis de 70 entes, introducido centos de medidas de mellora e producirá un aforro de máis de 57 millóns de euros ao ano

COMPOSTELA - O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na apertura das xornadas de debate sobre “Os entes instrumentais da Administración Pública de Galicia”, onde destacou que a Xunta foi pioneira en por en marcha un plan de racionalización da súa Administración paralela e comezar a adelgazar a Administración.

O resultado deste proceso, que actualmente se atopa na súa terceira fase, suprimíronse máis de 70 entes e introducíronse centos de medidas de mellora naqueles que continúan funcionando. Grazas a todas estas medidas as arcas públicas galegas aforraranse máis de 57 millóns de euros cada ano, a maioría derivada das medidas de mellora da produtividade. 

Para pechar este proceso de reformas o Goberno galego puxo as bases para que a situación anterior, de desenfreo de entes paralelos, non se volva repetir; e o ano pasado aprobou a Lei de Racionalización do Sector Público Autonómico de Galicia, que introduce unha serie de controis moi claros sobre os entes.

Así, consolidáronse mecanismos de colaboración entre eles -para aproveitar as sinerxías e evitar duplicar esforzos-, supeditouse a creación de novos entes ao ditame da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e converteuse o proceso de auditoría nunha práctica periódica para seguir medindo a eficacia e a pertinencia destes entes.

Normativa máis clara e transparente
Rueda lembrou que ademais de por en marcha o Plan de Racionalización da Administración Paralela, a pasada lexislatura caracterizouse pola elaboración dunha nova normativa máis clara e transparente, que contribuíse á posta en orde do mapa totalmente heteroxéneo de entes que había nese momento.

Así, unha das primeiras leis que lanzou o novo goberno foi a reforma da lexislación de réxime presupostario para garantir que os presupostos de todos estes entes figurasen nos Orzamentos xerais da Xunta. Ademais, considerouse prioritaria unha lexislación que puxera orde aos entes instrumentais e que culminou en decembro de 2010, coa aprobación da Lei de Organización e Funcionamento da Administración Xeral e do Sector Público Autonómico.


A Lofaxsga determinou o carácter de medios propios de todos os entes, definiu os procesos de creación e estableceu mecanismos de control transparentes como os plans de actuación ou os contratos-programa, que definía un modelo de xestión por obxectivos.  


+ popular


ediciones periódicas impresas

The Relaxation Time

Post Bottom Ad