A XUNTA COLOCA 500 MILLÓNS NUNHA EMISIÓN DE DÉBEDA CO TIPO DE XURO MÁIS BAIXO DA HISTORIA DA AUTONOMÍA - morrazo tribuna

Random Posts

test

Post Top Ad

6/11/14

A XUNTA COLOCA 500 MILLÓNS NUNHA EMISIÓN DE DÉBEDA CO TIPO DE XURO MÁIS BAIXO DA HISTORIA DA AUTONOMÍA

COMPOSTELA .-
  • A operación formalizouse mediante unha emisión a un prazo de cinco anos e cun tipo de xuro do 1,37%
  • A Xunta ten executado o 95% do programa anual de endebedamento e está comprometido o 100%
  • A demanda dos investidores superou amplamente a oferta
  • Galicia mantén a súa autonomía financeira, o que lle permite aforrar custes e non ter que acudir aos mecanismos de axuda do Estado
  • O endebedamento da Comunidade Autónoma é 4,2 puntos menor á media
 A Consellería de Facenda vén de pechar hoxe unha colocación de débeda por un importe de 500 millóns de euros, nunha emisión co tipo de xuro máis baixo da historia da Autonomía e na que a demanda dos investidores superou amplamente á oferta.

A operación realizada pola Xunta de Galicia formalizouse mediante a subscrición de bonos, cun prazo de emisión de cinco anos e a un tipo de xuro moi competitivo, do 1,37%. Unha vez pechada esta operación, a Administración autonómica ten executado xa o 95% do programa anual de endebedamento, e está comprometido o 100% do mesmo para o vixente exercicio.

Galicia está a manter a súa autonomía financeira, o que lle permite aforrar custes e non ter que acudir aos mecanismos de solidariedade do Estado. De feito, é a única comunidade de réxime común que non precisou nin un só euro destes mecanismos, toda vez que non se acolleu ao Fondo de Liquidez Autonómica (FLA) nin ao mecanismo de pago a provedores.

Convén lembrar que as comunidades que se acollen ao FLA están obrigadas a presentar un plan de axuste, mentres que Galicia se financia con normalidade nos mercados e busca o momento máis propicio do mercado para colocar a súa débeda, adaptando o desembolso ás súas necesidades de tesourería e evitando saldos ociosos.

Menor endebedamento que a media
A Comunidade galega rexistra un menor endebedamento que a media das Comunidades Autónomas, segundo reflicten os últimos datos do Banco de España. En concreto, a ratio débeda/PIB de Galicia é 4,2 puntos inferior á media, cando en 2008 era superior.

Ademais, Galicia é a segunda comunidade autónoma cun menor incremento do endebedamento público dende 2008, xa que medrou 59 puntos menos que a media de comunidades, e pasou de ser en 2007 a terceira comunidade con máis débeda a ser na actualidade a sétima autonomía con menor ratio débeda/PIB.


+ popular


ediciones periódicas impresas

The Relaxation Time

Post Bottom Ad