Vigo : confiscan más de dos toneladas de pulpo; ejemplares de peso inferior al permitido - morrazo tribuna

Random Posts

test

Post Top Ad

7/10/14

Vigo : confiscan más de dos toneladas de pulpo; ejemplares de peso inferior al permitido

VIGO.- Axentes do Servizo de Gardacostas realizaron onte pola noite, no Porto de Vigo, un operativo contra o furtivismo que se saldou co comiso por parte dos axentes de  2.176  quilos de polbo de peso antiregulamentario e co levantamento dunha acta de infracción ao barco de nacionalidade portuguesa que os capturara.

O operativo, tivo lugar ás 22:50 horas de onte e nel  participaron 3 axentes do Servizos de Gardacostas. Foi froito dun intenso seguimento á embarcación, ante a sospeita de que estivera capturando importantes cantidades desta especie de peso inferior ao regulamentario (1 KG). Este feito pode ser constitutivo de infracción segundo o disposto na lexislación vixente. As  capturas que se atopaban na bodega e clasificadas en caixas para a súa posterior descarga na lonxa foron entregadas posteriormente a un centro benéfico.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra á cidadanía que o consumo de marisco extraído e comercializado de xeito ilegal pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Por iso pide ao consumidor que non compre produto fóra dos cauces legais de comercialización.


+ popular


ediciones periódicas impresas

The Relaxation Time

Post Bottom Ad