TODO A PUNTO PARA A SHOWROOM QUE FECIMO CELEBRARÁ EN MOAÑA ESTA FIN DE SEMAN - morrazo tribuna

Random Posts

test

Post Top Ad

17/10/14

TODO A PUNTO PARA A SHOWROOM QUE FECIMO CELEBRARÁ EN MOAÑA ESTA FIN DE SEMAN

Decorados que encontrarán los visitantes del
Showroom de Moaña
MOAÑA.- A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo ten todo listo para
celebrar a Showroom de Moaña, un espazo que estará aberto só o sábado e o domingo
para o disfrute dos visitantes.
Será no espazo multiusos da planta superior da Praza de abastos, un espazo
baleiro pero con moitas posibilidades que está a ser especialmente decorado para a
ocasión. O estilo da decoración será “vintage”, cun toque retro, romántico, en tons
pastel... e que de seguro vai chamar a atención dos visitantes pois o lugar non parecerá
o mesmo. Adxúntanse fotografías do proceso de montaxe que se levou a cabo onte.
O horario de apertura da showroom será de 11h a 14h e de 17h a 21h tanto
sábado como domingo. Serán un total de 12 empresas de Bueu, Cangas e Moaña, de
diferentes sectores e actividades as que participarán no evento, dando a coñecer os
seus produtos e servizos

EXPOSITORES:
- Senda y Mar, venda de artigos deportivos en Bueu
- Ana Moda Infantil, de Moaña
- Box Woman, comercio de moda e zapatería de Moaña
- Carmen Davila, comercio de moda de Bueu
- Coquette Lencería, comercio de lencería, corseteríae e baño de Cangas
- D’Talla, comercio de moda especializado en tallas grandes, de Bueu
- Imagen, comercio de complementos e agasallos de Cangas
- Imagesc, servizo de escaparatismo, imaxe comercial e organización de
eventos, de Cangas
- La Pelu, servizo de perruquería e estética de Cangas
- Mimá Zapatos, zapatería de Moaña
- Oxford Boutique, comercio de moda de Bueu
- Zap, zapatería de Cangas

ACTIVIDADES:
- Exposicións de produtos de nova colección
- Demostración in situ dos seus servizos
- “La Pelu” realizará perruquería en vivo ao longo do domingo
- “Peluquería Balbina” fará estudios do rostro e adecuación das cellas no sábado
tarde (19h a 21h) e ao longo do domingo (12h a 14h e 18h a 20h)
- Descontos e promocións nos comercios participantes
- Sorteo de agasallos!!

Xa poden verse na páxina web www.compranomorrazo.com os 9 agasallos
aportados polos comerciantes que participan na Showroom de Moaña. Repartirán
boletos no seu stand para a realización dun sorteo entre os visitantes.
Esta nova proposta comercial tivo unha grande acollida o pasado fin de semana
en Bueu, e agarda recibir a numeroso público na edición de Moaña. Convidámolos a
asistir e a participar nas demostracións dos expositores.


+ popular


ediciones periódicas impresas

The Relaxation Time

Post Bottom Ad