Premios #MexilOnseTuits 2014 sellan en Cangas el prestigio de un certamen que ya comienza a ser un clásico del Marketing en Medios Sociales - morrazo tribuna

Random Posts

test

Post Top Ad

19/10/14

Premios #MexilOnseTuits 2014 sellan en Cangas el prestigio de un certamen que ya comienza a ser un clásico del Marketing en Medios Sociales

Ganadores del Festival y equipo de organizadores del certamen 2014 posan en Cangas para la posteridad
CANGAS .- O Festival do Social Media de Galicia tivo no sábado o seu epicentro en Cangas, no seu Auditorio Municipal, que acolleu a gala de entrega dos Premios #MexilOnseTuits. Cun aforo de máis de 150 persoas o festival estivo conducido pola xornalista e responsable do Tempo na TVG, Ana Celia Vázquez, que foi a encargada de ir dando paso tanto aos relatorios programados como aos gañadores nas oito categorías a concurso, escollidos por un xurado profesional entre os preto dun cento de candidaturas presentadas.

A xornada tamén contou coa presenza de dous destacados nomes da estratexia empresarial, o marketing e as redes sociais como Frankie Gómez e Eduardo García Erquiaga, que achegaron aos asistentes a esta xornada a súa ilusión e a súa experiencia no complexo mundo do emprendemento. Sen dúbida foron dúas intervencións que contribuiron a mitigar os nervios na sala entre os finalistas nas diferentes categorías. 

Finalmente os Premios Galegos do Marketing en Medios Sociais en cada unha das oito categorías a concurso foron para:
Mellor Blog de Moda: PAULA DEIROS’S SECRETS – www.pauladeiros.com
Mellor Blog Informativo/Cultural: VIVIR NA CORUÑA – http://www.vivirnacoruna.es
Mellor Blog Turístico: CHAVETAS – http://www.chavetas.es
Mellor Blog Gastronómico: TRAVI EN LA COCINA – http://travienlacocina.com/
Mellor Campaña Social: SALVEMOS GALICIA DA MEGAMINERÍA – http://www.change.org/petitions/que-non-arrasen-galicia-paremo-la-megaminería-contaminante
Mellor Campaña Comercial: Koama, Con tu cocina –  http://contucocina.com/
Mellor Video Viral: SALVEMOS GALICIA DA MEGAMINERÍA – http://www.youtube.com/watch?v=pQvms6lmYec
Mellor integración E-commerce: SABORPLACE – http://www.saborplace.com/
Finalmente tamén houbo unha Mención Especial do Xurado ao escritor e xornalista de La Voz de Galicia, Nacho Mirás, “por facer dun revés unha oportunidade para vivir, por contalo día a día a través do seu blog rabudo.com e pola publicación do seu libro “El mejor peor  momento de mi vida”, segundo fixo constar a organización no momento en que un sorprendido e agradecido Nacho recolleu o trofeo, obra de Octavio Cerviño.

Networking, analise e lecer
A terceira xornada do #Mexilonsetuits non acabou aquí, posto que o organización tamén organizou unha mesa redonda para falar sobre a situación do social media en Galicia que estivo moderada por Emilio Cuiñas, e que contou coa participación de catro membros do xurado de profesionais que deliberou para outorgar os galardóns: Ana Rumbao, Manuel Bustabad, Marcus Fernández e Dani Martín.
A xornada continuaría pola tarde en Cangas tralo almorzo con actividades máis distentidas, como unha viaxe a bordo dun dos barcos da Navieira Mar de Ons que permitiría aos participantes coñecer mellor a ría de Vigo e unha xornada de branding ioga para descubrir ferramentas que axuden a mellorar como profesionais.


+ popular


ediciones periódicas impresas

The Relaxation Time

Post Bottom Ad