Os portos de titularidade autonómica das Rías Baixas recibiron 2.912 barcos en tránsito durante o pasado verán - morrazo tribuna

Random Posts

test

Post Top Ad

17/10/14

Os portos de titularidade autonómica das Rías Baixas recibiron 2.912 barcos en tránsito durante o pasado verán

CANGAS .- Os portos de titularidade autonómica das Rías Baixas  recibiron 2.912 barcos en tránsito durante o pasado verán. Así o comunicou esta mañá o presidente do ente público responsable da xestión destas infraestruturas, Portos de Galicia, José Juan Durán, nunha rolda de prensa nas oficinas portuarias de Pontevedra.

Segundo datos facilitados polos propios xestores, as dársenas das Rías Baixas incrementaron nun 2,7% de media o número de embarcacións en tránsito respecto ao mesmo periodo do ano anterior, no que recalaran nesta zona 2.835 barcos destas características.

Deste xeito, a ría de Pontevedra confirma a consolidación desta actividade portuaria que experimentara xa o pasado ano un importante ascenso e que nos meses de xullo, agosto e setembro mantivo os bos resultados. Non en van, o conxunto dos peiraos autonómicos de Galicia superaron neste trimestre os 5.400 tránsitos, un 8,7% máis que o ano pasado. Polo que respecta ás procedencias das embarcacións en tránsito, maioritariamente foron estranxeiras, sobre todo francesas e británicas. 

Para Portos de Galicia, a captación de novos tránsitos é unha liña de traballo estrutural, tal como se recolle no Plan Estratéxico da Náutica Recreativa 2012-2020, que o ente público está a poñer en práctica. Para impulsar estas chegadas, estanse a desenvolver accións promocionais dos portos deportivos de Galicia a nivel nacional e internacional. Así, cómpre reseñar a participación de Portos de Galicia, en colaboración con Turismo de Galicia, en eventos de referencia no sector do turismo náutico, como o a feira Fitur de Madrid, o Salón Náutico Internacional Grand Pavois, de La Rochelle, o Salón Náutico de París ou a organización da I Travesía Náutica Xacobea. Portos de Galicia ten previsto dar continuidade a estas accións en base á súa incidencia nas cifras de captación de actividade náutica para os peiraos galegos. 


+ popular


ediciones periódicas impresas

The Relaxation Time

Post Bottom Ad