Mejora el indicador de confianza de los hogares gallegos - morrazo tribuna

Random Posts

test

Post Top Ad

7/10/14

Mejora el indicador de confianza de los hogares gallegos

COMPOSTELA .- O indicador de confianza dos fogares galegos correspondente ao terceiro trimestre do ano mellorou en case 11 puntos respecto do mesmo período do ano anterior, segundo reflicte a Enquisa Conxuntural a Fogares, que publica hoxe o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Este indicador mide as perspectivas dos consumidores e dos fogares respecto das súas expectativas de gasto e aforro, así como a percepción sobre a súa situación financeira persoal e sobre a situación económica de Galicia.

En canto aos indicadores parciais, a enquisa do IGE indica que as familias galegas prevén unha melloría tanto da situación económica en Galicia como das perspectivas de evolución do desemprego. Así, o indicador reflicte no primeiro caso unha mellora de case 25 puntos no último ano, mentres que a percepción dos fogares no caso do desemprego recolle unha mellora de 22 puntos no mesmo período. 

Situación económica
O Instituto estatístico da Administración galega tamén analiza a situación económica dos fogares da Comunidade durante os últimos tres meses. 

Os datos correspondentes ao terceiro trimestre deste ano sinalan que o número de fogares que declara chegar con dificultades a fin de mes redúcese por segundo trimestre consecutivo, cunha baixada de máis dun punto respecto ao trimestre anterior. 


+ popular


ediciones periódicas impresas

The Relaxation Time

Post Bottom Ad