Louzán ve a Pontevedra con espacio para ampliar y fortalecer la oferta de turismo termal - morrazo tribuna

Random Posts

test

Post Top Ad

23/10/14

Louzán ve a Pontevedra con espacio para ampliar y fortalecer la oferta de turismo termal

O GROVE .- O presidente da Deputación, Rafael Louzán, amosouse hoxe convencido de que na provincia de Pontevedra “hai espazo” para ampliar e fortalecer a oferta termal, como un puntal do sector turístico.
Fíxoo nunha rolda de prensa xunto a Cherry Beath, alcaldesa de Bath, unha das principais cidades turísticas de Inglaterra e centro de referencia mundial no ámbito do termalismo, onde situou a esta localidade como exemplo de aproveitamento dos seus recursos termais para xerar un sector turístico dinámico e eixe de desenvolvemento económico e social. 
Camiñar pola mesma senda que Bath requirirá, afirmou Louzán, “dunha asposta económica potente” que resulta difícil nunha “conxuntura económica adversa”, pero que sempre pode chegar da man de investidores foráneos, como está a pasar na antedita cidade inglesa, onde unha empresa estranxeira é a que está a crear novas instalacións termais.
Pola súa banda, a alcaldesa de Bath subliñou o papel que os restos de baños romanos localizados tiveron no desenvolvemento da cidade, que foi declarada cidade Patrimonio da Humanidade e que hoxe en día é unha referencia termal a nivel mundial.
Así, Bath recibe cada ano máis de 4 millóns de turistas, dos que un millón acoden atraídos polos baños romanos, cifra moi destacada se se ten en conta que se trata dunha localidade cunha dimensión practicamente idéntica á cidade de Pontevedra, con 83.000 habitantes. 
Encontro de vilas termais
Tendo en conta esta experiencia, que se expoñerá en detalle no XI Encontro de Vilas Termais que se desenvolve na Illa de A Toxa (O Grove), Louzán apostou por seguir traballando na posta en valor dos recursos que neste campo ten Galicia e máis concretamente nesta provincia, que conta cunha das ofertas termais máis importantes de España.
De feito, conta con 6 vilas termais (Caldas, Cuntis, O Grove, Mondariz, Tui e Vila de Cruces);  9 balnearios activos (nas propias vilas termais), 4 Talasos, 11 Spas en hoteis, 7 servizos termais en casas de turismo rural e 4 en centros urbanos sen aloxamento.
En total, subliñou Louzán, preto de 3.000 prazas de turismo termal, cunha oferta diversificada en Balnearios (con aguas mineromedicinais), Talasos (augas marinas  do océano Atlántico) e Spas, pola que hai que seguir apostando como un piar máis dun sector estratéxico como é o turismo.
Investimento potente
A xuntanza de Vilas Termais que se celebra hoxe en O Grove organizada pola sección de Entidades Locais con Augas Minerais e Termais da FEMP e coa colaboración de Turismo de Galicia e a propia Deputación, permitirá, en palabras de Rafael Louzán, promocionar a Pontevedra como destino termal de relevancia, dándose a coñecer entre os máis de 100 rexedores locais ou representantes de vilas termais que se darán cita nel.
Os responsables locais poderán discutir e intercambiar experiencias para mellorar o aproveitamento turístico das augas mineromedicinais de forma sostible e cunha acción integral que contribúa ao desenvolvemento dos concellos.
Este é precisamente un dos aspectos nos que incidiu durante a rolda de prensa a alcaldesa de Bath, que subliñou que non é suficiente con ter augas termais ou restos de antigos baños, como ten Bath, senón que esta oferta hai que saber poñela en valor cun contorno atractivo, paisaxe coidado e “unha cidade deseñada para ser atractiva”.
“Non se pode ser só cidade-museo”, subliñou, polo que se amosou convencida de que o enfoque destes encontros de Vilas Termais (no que ela exporá a experiencia da súa localidade) é o acertado, na medida en que vai permitir avanzar no deseño e planificación das cidades tendo en conta dous grandes retos: a necesidade de atraer visitantes e a de garantir a sustentabilidade das cidades.
Así, ademais do intercambio de ideas e experiencias entre alcaldes de vilas termais e a presenza da rexedora de Bath, a xornada contará con representantes de institucións que traballan no campo de turismo ou o termalismo, como o director da Oficina Española de Turismo en Munich, Álvaro Blanco.


+ popular


ediciones periódicas impresas

The Relaxation Time

Post Bottom Ad