La Xunta mejorará la avenida Clara Campoamor, en Vigo, para un mejor acceso al nuevo hospital - morrazo tribuna

Random Posts

test

Post Top Ad

29/10/14

La Xunta mejorará la avenida Clara Campoamor, en Vigo, para un mejor acceso al nuevo hospital

VIGO .- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), publica hoxe a licitación no Diario Oficial de Galicia (DOG), por case dous millóns de euros, das obras de mellora da Avenida Clara Campoamor en Vigo, que permitirán o acceso ao novo Hospital público da cidade olívica. O prazo de execución destes traballos que se establece no prego de licitación é de catro meses.

O obxectivo da actuación é canalizar os fluxos de tráfico con destino e orixe no centro sanitario, e a mellora da avenida Clara Campoamor, co fin de que a incorporación á mesma sexa axeitada. Para conseguilo, actuarase nun treito dunha lonxitude de 590 metros, no que se proxecta a ampliación da plataforma da avenida para incrementar a súa capacidade, a execución dunha nova glorieta para facilitar o acceso á entrada principal do hospital, e un semienlace para a zona das urxencias deste centro hospitalario. O carril de uso exclusivo para urxencias cruza o río Barxa mediante un pequeno viaduto e desemboca na glorieta do hospital.

A actuación comeza na glorieta do enlace co segundo cinto de circunvalación de Vigo (VG-20), prevíndose a construción dunha nova saída exclusiva para acceso ao hospital. Esta vía bifúrcase en dous carrís, un para acceso exclusivo de urxencias e o outro que continúa como ramal de servizo ata á entrada principal do Hospital. Así, a avenida neste treito engadirá aos actuais dous carrís por sentido, outros dous carrís de acceso ao centro.

Beneficios para os cidadáns
Nesta zona permítese a saída dos vehículos do hospital á avenida. Así, a poboación dos concellos que pertencen á área sanitaria de Vigo veranse beneficiados.

Para complementar a obra, permitindo un cambio de sentido, executarase unha nova glorieta con dous carrís de 4 metros de ancho, unha beiravía interior de 1,5 metros e exterior de 0,5 metros. Finalmente, executarase unha senda peonil para conectar esta glorieta norte coa que dará acceso ás urxencias do hospital. 

Cómpre lembrar que no mes de setembro anunciouse que se sometía ao trámite de información pública, en materia de expropiacións, a relación de bens e dereitos necesarios para a execución deste proxecto de mellora.


+ popular


ediciones periódicas impresas

The Relaxation Time

Post Bottom Ad