Feijóo reitera la necesidad de respetar las particularidades de Galicia en la nueva planta judicial - morrazo tribuna

Random Posts

test

Post Top Ad

27/10/14

Feijóo reitera la necesidad de respetar las particularidades de Galicia en la nueva planta judicial

Feijóo y el nuevo ministro de Justicia
COMPOSTELA.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avogou hoxe, durante a inauguración das Xornadas de Presidentes de Tribunais Superiores de Xustiza, ‘A nova organización xudicial’, por seguir mellorando a Xustiza como se ten feito a través do Plan de infraestruturas ou defendendo as particularidades de Galicia na nova planta xudicial.

Durante a súa intervención, Feijóo subliñou que grazas á colaboración plasmada nas comisións mixtas, desenvolveuse o Plan de infraestruturas xudiciais que permite a construción de novos edificios, ou profundas reformas en dependencias de cidades ou vilas medianas. E lévase a cabo un proxecto piloto de expurgo de arquivos xudiciais, que supuxo o rexistro informático de máis de cento cincuenta mil expedientes, e a recuperación de importantes documentos históricos .

Así mesmo, referiuse á achega de 20 millóns de euros para o denominado Plan Senda de modernización da Administración de xustiza, para a renovación de equipos informáticos –implantando a rede LexNet en todas as sedes xudiciais-, o que permitirá que o vindeiro ano avogados e procuradores poidan presentar de forma telemática escritos e demandas en toda Galicia.

Por outra banda, destacou que tamén se actuou con presteza para afrontar os desafíos loxísticos do macroxuízo da catástrofe do Prestige, e atender como o merecen os afectados polas preferentes. Neste caso, habilitáronse dous xulgados de reforzo cos que se logrou resolver máis das tres cuartas partes dos asuntos ingresados.

O presidente da Xunta resaltou ademais a defensa das peculiaridades da planta xudicial da Comunidade. “Xuntos podemos celebrar que o Ministerio entendese a necesidade de manter tribunais de xustiza a un nivel inferior ao provincial, para cidades tan importantes como Vigo, Santiago ou Ferrol”, afirmou.

Nesta liña, o responsable do Executivo autonómico lembrou que a descentralización xudicial foi un éxito equiparable á descentralización política. “Pero tanto unha coma a outra teñen requisitos para seguir prestando un bo servizo á sociedade”, incidiu, ao que asegurou que a outra cara da descentralización é sempre a coordinación, “a posta en común de ideas, o intercambio de iniciativas, o diálogo, en suma”.

Feijóo resaltou tamén que os galegos “sentímonos moi satisfeitos da nosa maneira de entender, interpretar e aplicar o autogoberno”. “Mentres outros aseguran que a súa singularidade obtívose grazas a unha actitude sempre receosa cara ao exterior, a nosa é froito da apertura. As ideas irmandadas de individualidade e colectividade forman parte da nosa personalidade”, afirmou.


+ popular


ediciones periódicas impresas

The Relaxation Time

Post Bottom Ad