ESQUERDA UNIDA PON EN MARCHA “PROGRAMA ABERTO”, UN ESPAZO DE ELABORACIÓN COLECTIVA DOS PROGRAMAS PARA A CONVERXENCIA DE CARA AS MUNICIPAIS DE 2015 - morrazo tribuna

Random Posts

test

Post Top Ad

21/10/14

ESQUERDA UNIDA PON EN MARCHA “PROGRAMA ABERTO”, UN ESPAZO DE ELABORACIÓN COLECTIVA DOS PROGRAMAS PARA A CONVERXENCIA DE CARA AS MUNICIPAIS DE 2015

VIGO .- Esquerda Unida pon en marcha un proceso de elaboración colectiva dos programas cos que realizar a converxencia de cara as eleccións municipais nas comarcas de Vigo, Baixo Miño, O Condado e A Padaranta.
Esquerda Unida lanzou recentememente un chamamento "para construír un proceso de rebelión cidadá e abrir un proceso constituínte no noso país, proceso que consideramos ten que ter unha dimensión de interlocución entre todas as persoas, movementos sociais, culturais, asociacións, organizacións sindicais e políticas da esquerda para gañar soberanía popular".
"Queremos realizar esa interlocución con toda a cidadanía, e para facilitala creamos programa-aberto. Un espazo para a elaboración colectiva dos programas cos que Esquerda Unida abordará o proceso de converxencia con forzas políticas, movementos sociais e cidadanía en xeral, de cara a constituír unha alternativa ás políticas neoliberais que estanse a levar a cabo, tamén nos concellos", referiron desde a organización.
PROGRAMA ABERTO é complementario á Conferencia Política Programática que Esquerda Unida está a celebrar a nivel federal no outono de 2014, chamada “encuentro”, e do que tamén se farán encontros na comarca de Vigo.
Este proceso de elaboración colectiva realizarase desde a paxina web www.programa-aberto.org, onde todos os participantes poderán facer as súas achegas aos borradores que para todos os concellos existen. Nun primeiro momento tamén se poderán achegas a cuestións que superan o ámbito municipal, como pode ser o Transporte Metropolitano.
As achegas que se reciban na páxina web serán complementadas con entrevistas a colectivos e actos públicos.


+ popular


ediciones periódicas impresas

The Relaxation Time

Post Bottom Ad