Deputación pone oído a la<br> problemática del fútbol femenino - morrazo tribuna

Random Posts

test

Post Top Ad

21/10/14

Deputación pone oído a la
problemática del fútbol femenino

PONTEVEDRA .- O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, mantivo onte, no Edificio Administrativo, unha xuntanza cunha vintena de clubes de fútbol femenino da provincia de Pontevedra.
O obxectivo do encontro é escoitar os problemas, as necesidades, as demandas e as inquedanzas destes clubes nuns intres en que a institución provincial está a elaborar os seus presupostos para o vindeiro ano e por eso ven mantendo periódicas xuntanzas con todo tipo de clubes deportivos e entidades sociais.
Entre os clubes de fútbol femenino que hoxe asistirán á xuntanza figuran os seguintes: Salcedo (Pontevedra), Dena (Meaño), Portonovo (Sanxenxo), Beluso (Bueu), Noalla (Sanxenxo), Moledo (Vigo), Umia (Ribadumia), Amanecer (O Grove), Atlético Arousana (Vilgarcía), Val do Ulla (A Estrada), Bértola (Cangas), Onza de Lira (Salvaterra), Unión Guardesa (A Garda), San Mateo (Ponteareas), El Olivo (Vigo) e Club Tomiño.
Varios deles militaron na máxima categoría nas últimas tempadas. Hai algúns que non demandan axudas directamente da Deputación pois recibenas dentro das que a entidade provincial concede a clubes que os engloban.
Según explicou o presidente Louzán, a celebración da xuntanza responde á vontade da Deputación de apoiar e promocionar o deporte femenino en xeral, e o fútbol en particular.


+ popular


ediciones periódicas impresas

The Relaxation Time

Post Bottom Ad