148 años del nacimiento de don Ramón María del Valle-Inclán merecen un reconocimiento - morrazo tribuna

Random Posts

test

Post Top Ad

29/10/14

148 años del nacimiento de don Ramón María del Valle-Inclán merecen un reconocimiento

Autoridades presentes en los actos en recuerdo de don Ramón María del Valle-Inclán
Vilanova de Arousa . - A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou nos actos en recordo de Ramón María del Valle-Inclán que tiveron lugar na vila natal do escritor, coincidindo co 148º aniversario do seu nacemento. 

A xornada de homenaxe estivo centrada nunha ofrenda na praza do Castro, diante da escultura do escritor, acto que se pechou coa actuación do grupo O Con Grande. A formación  interpretou a peza ‘O son de muiñeira’, musicada por Rogelio Villar e á que Valle-Inclán lle puxo letra en 1917. Anxo Lorenzo puxo en valor as iniciativas que ao longo do mes de outubro, e coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Pontevedra, se veñen desenvolvendo en Vilanova de Arousa para recordar a figura do escritor e difundir a súa vida e obra, no marco das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán. 

Entre elas inclúese a mostra “i” de Inclán, que foi inaugurada tamén esta mañá, previamente á ofrenda floral.  Nesta mostra, que se pode visitar desde hoxe e ata o 28 de novembro na Casa Museo Valle-Inclán, os xornalistas Laura Sanisidro e Rubén Luengo exploran a faceta do escritor a través do xénero da entrevista. 

Recreación da travesía 
Os actos de homenaxe a Valle-Inclán rematarán o vindeiro venres 31 de outubro, cunha xornada na que se recreará a viaxe en barco desde A Pobra do Caramiñal ata Vilanova de Arousa que narra o escritor en ‘Romance de lobos’ e que está previsto que se desenvolva entre as 17 e as 18 horas. 


A programación destas xornadas de homenaxe, que deron comezo o pasado 1 de outubro, realízanse ao abeiro do protocolo de colaboración asinado en 2013 pola Consellería de Cultura e Educación e os concellos da Pobra do Caramiñal e de Vilanova de Arousa, co fin de cooperar na divulgación da obra de Valle-Inclán e de poñer en valor a súa figura. 


+ popular


ediciones periódicas impresas

The Relaxation Time

Post Bottom Ad