Vicepresidente Rueda entiende que no hace favor alguno a la Democracia el clima barriobajero que se vive en el Parlamento - morrazo tribuna

Random Posts

test

Post Top Ad

18/9/14

Vicepresidente Rueda entiende que no hace favor alguno a la Democracia el clima barriobajero que se vive en el Parlamento

COMPOSTELA .- O secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, entende que non fai ningún favor á democracia a actitude e os insultos de certos partidos no Parlamento.
Así o expresaba o dirixente popular nunha entrevista na COPE, onde respondía que o PPdeG vive con mágoa pero con serenidade esa crispación constante no Parlamento, que alimentan algúns partidos mediante o insulto e o berro. Como indicou Rueda, os populares evitan caer nas provocacións. 
Baixo a opinión do dirixente popular, o que se está a vivir nesta lexislatura na Cámara non sucedeu nas anteriores, polo que cabería cuestionarse se agora pasa porque entraron certas persoas que agora actúan desta maneira. Para Rueda, esa actitude non se pode tolerar e lamenta que se meta a todos os políticos no mesmo “saco”.  

A ACTITUDE DO PSOE
Preguntado se o PPdeG bota en falta un PSOE máis sólido co que poder chegar a acordos importantes, Rueda afirmou que non só os populares senón que tamén o bota en falta o conxunto da cidadanía. Para o dirixente popular, ao igual que é preciso contar cun Goberno forte e sólido, tamén é preciso contar cunha oposición así, que cumpra coa súa labor e sexa responsable nos asuntos importantes.
Neste senso, lamentou que no seo do PSOE impere o desnorte e non haxa unha dirección.  Con respecto a isto, Rueda asegurou que o PSOE xa non é o partido serio, fundamental na estrutura política de España, como o foi noutras épocas. 
Por iso, o secretario xeral do PPdeG agarda que a situación cambie posto que finalmente esa situación de desnorte e de falta de autoridade non fai máis que xerar inquedanza. 

SOBRE A REDUCIÓN DE DEPUTADOS
Por outra banda, o dirixente popular lembrou que a proposta de reducir o número de deputados xa estaba plantexada na anterior lexislatura e o PPdeG foi acusado de querer levala adiante para mudar o resultado electoral a última hora. Como recordou Rueda, naquel momento os populares decidiron aparcar o tema e presentáronse ás eleccións gañando aínda máis apoios e cun programa electoral que incluía esa proposta. 
Polo tanto, o dirixente popular apuntou que o partido quere ser consecuente e, ao igual que xa se fixeron axustes na Xunta, reducindo o número de delegados, conselleiros e altos cargos, agora tamén ve preciso acometer unha redución no Parlamento, que non por contar con menos deputados será menos eficaz.

SOBRE AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS
Preguntado polo panorama que se presenta para as vindeiras eleccións municipais, Rueda apuntou que será un contexto aínda máis difícil que o das de 2011 pero a aspiración do partido é seguir recabando a confianza maioritaria dos veciños no máximo número de concellos. Polo tanto, non só queren manter o apoio senón que aspiran a aumentalo sexa co sistema electoral que sexa.
No relativo aos candidatos, o dirixente popular indicou que desde a actualidade ata que remate o ano irase presentando gradualmente a moitos dos cabezas de lista.

SOBRE O NOVO VOCEIRO DO PPdeG
No relativo ao novo voceiro do partido, Rueda sinalou que Miguel Tellado reúne as condicións necesarias para desempeñar ben ese cargo. Como destacou, o voceiro coñece a política autonómica e local, e ten experiencia parlamentaria, o que lle confire unha visión de conxunto moi necesaria para desenvolver un posto que non é doado.


+ popular


ediciones periódicas impresas

The Relaxation Time

Post Bottom Ad