La mayor parte de las ayudas a la Acuicultura se las llevaron los productores mejilloneros - morrazo tribuna

Random Posts

test

Post Top Ad

18/9/14

La mayor parte de las ayudas a la Acuicultura se las llevaron los productores mejilloneros

Barcos mejilloneros, en Bueu. Cuadro de Jesús Otero Fernández
COMPOSTELA .- O sector bateeiro galego foi o principal beneficiario das axudas á acuicultura con cargo ao Fondo Europeo da Pesca (FEP) no período 2009-2013 xestionadas pola Xunta. Así, dos 25,8 millóns de euros de axudas totais concedidas para o investimento produtivo na acuicultura, un total de 18,7 millóns tiveron como beneficiarios finais a titulares de establecementos dedicados ao cultivo de mexillón. Isto supón o 72,5 % do total das axudas neses catro anos.
Así o afirmou o secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, en resposta a unha pregunta sobre esta cuestión na Comisión 8ª do Parlamento. Ademais, explicou que se os cálculos se fan en función do número de expedientes aprobados, nos catro anos considerados o 92,5 % dos expedientes correspondían a este sector.

Por anos, os bateeiros recibiron en 2009 o 51,21 % das axudas; en 2010 o 90,75 %; en 2011 o 73,03 %; en 2012 o 96,32 % e no 2013 o 94,71%.
Atendendo ao número de expedientes aprobados, no 2009 corresponderon ao sector mexilloeiro o 88,83% do total; no 2010 foron o 92,67 %; no 2011, o 93,33%; no 2012, o 95,05 % e no 2013, o 95,45 %.

O secretario xeral do Mar afirmou tamén que de cara a o futuro –para o período de aplicación do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014-2020– a Unión Europea fai unha clara aposta por desenvolver unha acuicultura sustentable dende o punto de vista medioambiental, social e económico, respectuosa co medio ambiente e eficiente no uso dos recursos, innovadora e competitiva e baseada no coñecemento. 

Axudas á paralización
Por outra banda, Juan Maneiro defendeu que todas as embarcacións con porto base en Galicia e inscritas no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autonónoma e no Censo de flota pesqueira operativa tiveron a oportunidade de presentarse á convocatoria de axudas de paralización definitiva do ano 2014. Neste sentido lembrou que a convocatoria faise mediante unha Orde da Consellería debidamente publicada no Diario Oficial de Galicia e cuns criterios obxectivos, transparentes e coñecidos. Ademais, explicou que todas as demandas de información por parte do sector foron contestadas exactamente igual por parte dos servizos da Secretaría Xeral do Mar no sentido de que os buques incluídos no plan de xestión do palangre de superficie podían presentarse á convocatoria.

Proxecto Videoguard
Pola súa banda, o subdirector xeral de Gardacostas, Lino Sexto, lembrou que o proxecto Videoguard, un sistema de videovixilancia intelixente para a prevención e persecución da pesca e do marisqueo furtivos, é unha iniciativa de I+D+i e que estará en período de probas ata finais de ano. Este tempo servirá á Xunta  para valorar a viabilidade de implantar este sistema na costa galega.

O proxecto –explicou o subdirector– atópase pois en período de probas, polo que non se está a realizar vixilancia ningunha no litoral galego. Tan só se fan capturas puntuais de imaxes, con características que non permiten a identificación de persoas. Xa que logo –concluiu Lino Sexto– estase desenvolvendo o proxecto cun escrupuloso respecto á lei e en particular á normativa sobre protección de datos e da intimidade das persoas.

A pilotaxe deste proxecto, que empezou a finais de xullo nun municipio costeiro do litoral galego, céntrase no desenvolvemento dunha plataforma de análise de vídeo intelixente, especialmente adaptada para contornos marítimos e, en particular, para a súa aplicación na vixilancia costeira para a prevención e persecución da pesca e do marisqueo furtivos.

O responsable de Gardacostas lembrou que este proxecto está desenvolvido por un consorcio de empresas e coa participación de centros tecnolóxicos. O investimento total é de 1,8 millóns de euros, financiados con fondos do programa Innterconecta a través da Consellería de Economía e Industria e o CDTI, cunha subvención de 830.585,7 euros, sendo o resto dos fondos achegados polas compañías participantes. 


+ popular


ediciones periódicas impresas

The Relaxation Time

Post Bottom Ad