Presidente de la Xunta aconseja a la ministra Mato que no meta las manos en el Vino, no vaya a salir salpicado su traje - morrazo tribuna

Random Posts

test

Post Top Ad

8/8/14

Presidente de la Xunta aconseja a la ministra Mato que no meta las manos en el Vino, no vaya a salir salpicado su traje

MORRAZO TRIBUNA | Verín |
O titular do Goberno galego participou hoxe na IX Feira do Viño de Monterrei, que este ano acada a súa IX edición e suma catro novos confrades
FEIJÓO ANUNCIA QUE A XUNTA SOLICITARALLE AO GOBERNO CENTRAL UNHA CONSIDERACIÓN ESPECÍFICA PARA O VIÑO, QUE MANTEÑA A “TAXA 0” DE IMPOSICIÓN FISCAL E O DIFERENCIE DAS BEBIDAS ALCOHÓLICAS DESTILADAS
  • Reafirma o compromiso do Executivo autonómico coa seguridade xurídica para o sector e coa saúde pública de todos os galegos, especialmente dos máis novos
  • Pon en valor a excelencia dos viños da D.O. Monterrei e recalca que “xa non é a irmá pequena das denominacións de orixe galegas”
  • Salienta a gran oportunidade que representa a internacionalización para o sector vitivinícola, ao que lle atribúe gran parte do prestixio do que goza Galicia dentro e fóra de España
O presidente do Executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que a Xunta solicitaralle ao Goberno central unha consideración específica para o viño dentro do novo anteproxecto de lei de prevención de consumo de alcohol. 

Durante a celebración da IX Feira do Viño de Monterrei, Feijóo reivindicou o mantemento dunha “taxa 0” de imposición fiscal, que lle dea seguridade xurídica ao sector e fomente un consumo responsable, preservando, deste xeito, a saúde pública de todos os galegos, especialmente dos máis novos. 

O titular do Goberno autonómico tamén quixo pór en valor a “excelencia” dos caldos degustados na Feira, reflexo “do bo facer e da profesionalidade” dos viticultores, colleiteiros e adegueiros da comarca. Nesta mesma liña, desatacou o traballo e o esforzo de todo o sector vitivinícola galego por aumentar a calidade do produto para chegar a un mercado cada vez máis global e esixente, atopando así o camiño axeitado para vencer os obstáculos da crise. 

Feijóo incidiu en que grazas a ese esforzo, “Monterrei xa non é a irmá pequena das denominacións de orixe galegas”, recalcou, malia que as súas apenas dúas décadas de existencia a convertan na máis nova.  

A importancia da internacionalización
Durante a súa intervención, o presidente da Xunta salientou a gran oportunidade que representa a internacionalización para o sector vitivinícola, ao que lle atribuíu gran parte do prestixio do que goza Galicia dentro e fóra do España. 

A D.O. Monterrei tamén conta cunha confraría para difundir a imaxe dos seus caldos a nivel internacional, á que se teñen unido catro novos persoeiros nesta IX edición da Feira do Viño: Alfonso Sánchez Izquierdo, director xeral da Televisión de Galicia; Nava Castro Domínguez, directora de Turismo de Galicia, e os viticultores Felisendo Prieto e Ángel Salgado, precursores da viticultura na comarca verinesa. “Os mellores viños precisan dos mellores embaixadores”, concluíu Feijóo, antes de gabar o extraordinario traballo que ten permitido consolidar a Denominación de Orixe nos últimos anos. 



+ popular


ediciones periódicas impresas

The Relaxation Time

Post Bottom Ad