Recollidos 825.840 quilos de aceites residuais, <br>a través do programa Marpol - morrazo tribuna

Random Posts

test

Post Top Ad

2/6/14

Recollidos 825.840 quilos de aceites residuais,
a través do programa Marpol

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- Portos de Galicia recolleu durante o ano 2013 un total de 825.840 quilos de aceites residuais, a través do programa Marpol de recollida de hidrocarburos usados nos peiraos de titularidade autonómica. O ente público vén de facer balance deste servizo a través do cal recupéranse e recíclanse os aceites residuais que se verten nos portos para a súa reutilización. Ao total recollido durante o pasado ano súmanse, no primeiro trimestre de 2014, outros 235.375 quilos.
Por provincias, a máis activa dentro deste programa é a da Coruña, con 446.721 quilos reciclados durante o pasado ano e 159.761 nos primeiros tres meses deste ano. A continuación sitúase a de Lugo, con 246.901 quilos en 2013 e 44.199 ata o 31 de marzo de 2014; e finalmente a de Pontevedra, con 132.218 quilos o pasado ano e 31.416 o primeiro trimestre deste 2014. 


Dende o ano 2012, Portos de Galicia ten operativo o servizo de recollida e tratamento de hidrocarburos, aceites usados e residuais, co que dá cumprimento ao convenio internacional Marpol, para o tratamento axeitado destes residuos. O servizo implica, por unha banda, a recollida directa nos buques dos productos e, por outra, a instalación de contenedores para recollida e almacenaxe temporal nos portos, baleirado dos mesmos, transporte á planta autorizada e reciclaxe e valorización dos medios. Cando esto último non é posible procédese á súa eliminación. Este servizo reforza a prevención ambiental, ao tempo que se melloran as condicións dos usuarios do porto no uso das instalacións. 

Ademais dos residuos líquidos realízase tamén a recollida e tratamento do material realcionado, como filtros, envases, trapos, roupa, aparellos ou neumáticos. Finalmente, a empresa adxudicataria do servizo é tamén a encargada de realizar, a requerimento de Portos de Galicia, a limpeza da lámina de auga dos portos nos casos de vertidos de productos contaminantes, calquera que sexa a causa. A empresa adxudicataria do contrato estará en disposición de prestar os servizos ininterrompidamente durante as 24 horas do día e os sete días da semana, incluíndo os días laborais e días festivos.


+ popular


ediciones periódicas impresas

The Relaxation Time

Post Bottom Ad