Feijóo agradece el trabajo realizado por el rey Juan Carlos - morrazo tribuna

Random Posts

test

Post Top Ad

2/6/14

Feijóo agradece el trabajo realizado por el rey Juan Carlos

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .-  O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, agradeceu hoxe os 39 anos de traballo realizado polo Rei Don Juan Carlos a prol da democracia en España e saudou o futuro nomeamento do Príncipe Felipe como Rei, amosándose confiado en que será “un excelente” monarca para continuar ese labor. 
En declaracións feitas na Embaixada de España en Xapón, Alberto Núñez Feijóo recoñeceu que, “como calquera español, temos un dobre sentimento, un sentimento de nostalxia e de agradecemento e tamén un sentimento de optimismo e dunha enorme esperanza”. 
Así, en primeiro lugar, puxo de relevo o esforzo do Rei Juan Carlos I como “Rei da democracia e da Monarquía constitucional” para facer de España “un país aberto, demócrata e moderno”, ao que engadiu que tamén foi “un patriota que cumpriu co seu deber durante 39 anos”. 
Na mesma liña, reiterou que don Juan Carlos marcará unha das páxinas máis relevantes da historia de España tanto por ser “o Rei da democracia” como por ser “o Rei que tutela, forma e garante a continuidade da Monarquía Constitucional” na figura do Príncipe Felipe.
Respecto ao futuro monarca, Alberto Núñez Feijóo sinalou que é, probablemente, “unha das persoas que mellor coñece o país e as institucións e que máis percorrido internacional ten na súa carreira”, e concluíu que fará un extraordinario papel como futuro Rei de España. 
Na súa intervención, o xefe do Executivo galego lembrou a especial relación que ten o Príncipe de Asturias coa nosa Comunidade, un vínculo que se ten manifestado en numerosas ocasións, como proba que recentemente aceptou ser designado como primeiro embaixador do Xacobeo.
“En consecuencia só podemos agradecer os 39 anos de traballo do Rei Juan Carlos I, o Rei da democracia española e tamén saudar, nos próximos meses, o futuro Rei de España, o Príncipe Felipe, Felipe VI Rei de España”, concluíu.  


+ popular


ediciones periódicas impresas

The Relaxation Time

Post Bottom Ad