Durante 6 anos en Galicia : máis de 600.000 persoas se beneficiaron das actuacións cofinanciadas polo Fondo Social Europeo - morrazo tribuna

Random Posts

test

Post Top Ad

5/6/14

Durante 6 anos en Galicia : máis de 600.000 persoas se beneficiaron das actuacións cofinanciadas polo Fondo Social Europeo

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- Máis de 600.000 persoas se beneficiaron das actuacións cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) en Galicia durante o período 2007-2013.
Se atendemos aos ámbitos de actuación do FSE, máis de 107.000 persoas se beneficiaron do Eixe Espírito empresarial e adaptabilidade; máis de 360.000 do de Empregabilidade, inclusión social e igualdade entre homes e mulleres; e finalmente máis de 144.000 persoas se beneficiaron das actuacións incluídas no Eixe de Aumento e mellora do capital humano.

Santiago acolleu a celebración do Comité de Seguimento do Fondo de Social Europeo (FSE) 2007-2013. A reunión contou con representantes da Comisión Europea e da Unidade do Fondo Social Europeo do Ministerio de Empleo y Seguridad Social.

Por parte do Executivo galego, encabezou este foro a directora Xeral de Proxectos e Fondos Europeos, Ana Mª Cores González. Asistiron tamén representantes das organizacións económicas e sociais con máis representatividade de Galicia, así como os órganos xestores das distintas administracións participantes.

Cómpre destacar tamén, a visita que neste marco tivo lugar onte ao CIFP Politécnico de Santiago de Compostela, e á que acudiron representantes da Autoridade de Xestión, do Organismo Intermedio e da Comisión Europea, coa finalidade de amosar actuacións levadas a cabo na xestión do FSE.

Ademais, Santiago acollerá tamén o vindeiro xoves 5, a celebración do Comité de Seguimento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) 2007-2013. Esta reunión contará coa presenza de representantes da Administración Autonómica e da Comisión Europea.

Temas abordados polo Comité de Seguimento FSE
Durante a celebración deste Comité, someteuse a estudo o Informe de execución da anualidade 2013 para a súa posterior aprobación. Abordouse tamén, a situación do Programa Operativo en relación ao cumprimento da Regra n+2, referida ao uso das dotacións financeiras dese Programa.
Por outro lado, analizouse a aplicación e seguimento do Plan de Comunicación, no que se presentaron os indicadores seleccionados para o seguimento e avaliación do mesmo. Neste ámbito descríbense as actuacións de comunicación desenvolvidas por todos os axentes implicados nas intervencións cofinanciadas co FSE.
Finalmente, tratouse a avaliación e seguimento estratéxico do Programa Operativo do Fondo Social Europeo Galicia 2007-2013, así como un avance da programación do período 2014-2020.
Este Comité enmárcase nunha actuación cofinanciada polo Fondo Social Europeo no marco do Programa Operativo FSE de Galicia 2007-2013 con cargo ao Eixe 5 de Asistencia Técnica deste fondo, tema prioritario 85, cunha taxa de cofinanciamento do 80%. “O FSE inviste no teu futuro”.


+ popular


ediciones periódicas impresas

The Relaxation Time

Post Bottom Ad