Contrata Deputación obras de desbroce en 60 carreteras provinciales, varias en O Morrazo - morrazo tribuna

Random Posts

test

Post Top Ad

6/6/14

Contrata Deputación obras de desbroce en 60 carreteras provinciales, varias en O Morrazo

MORRAZO TRIBUNA | Cangas | .- A Deputación de Pontevedra convocou hoxe o anuncio de contratación de obras de desbroce en 335 kilómetros de 60 estradas provinciais por un importe total de 742.260 €, divididos en 3 lotes.
Os citados lotes corresponden ás estradas incluidas nas zonas norte, centro e sur da provincia. Cada un deles tén un orzamento de licitación de 247.420 euros e inclúe a limpeza e desbroce do entorno das devanditas estradas dende o punto de vista do drenaxe. Este concurso hoxe anunciado veráse complementado con outro plan de máis de 2 millóns € para reforzar e axeitar o firme, sinalizar, etc.
A través do concurso hoxe convocado limparánse cunetas e marxes das estradas, rozando a vexetación que dificulta o tránsito polas beiravías e limita a visibilidade de peóns e tráfico rodado. Ademais, realizaranse labores de perfilado das cunetas, desatascaranse as canalizacións e retirarase a broza, terra e restos de vexetación que se acumula nas beiravías e nos canles de recollida de augas.
As estradas nas que se actuará son as seguintes: 



ESTRADAS
ZONA NORTE
ZONA CENTRO
ZONA SUR
Maceiras-Alvarellos
Ribadumia-Leiro
Calvario-A Garrida
Portela-Antas de Ulla
Tremoedo-Tragove
Bueu-Igrexario de Cela
Berredo-Brántega
Ermitas-Pigarzos
Igrexario de Cela-Outeiro-Bueu
Merza-Bascuas
Gaxate-Ermitas
Bértola-Ramalleira
Negreiros-Carboeiro
Vilanova-Pontearnelas
Portela-Ermelo
Escuadro-Silleda
Carballedo-Caroi
Cangas-Coiro-Magdalena
Piñeiro-Lamela
Caldas-San Clemente
Meira-Fraga
Rellas-Escuadro
Cuntis-Cequeril
Beluso-Cabo Udra
Senra-Escuadro
Forno-Cernadas
Hío-Vilanova
Couso-S. Miguel de Barcala
Fefiñanes-Oubiña
Vilariño-Hío
Pena do Foxo-Olives
Bouza-O Facho
Arbo-Cabeiras-Barcela
Vilanova-Oleiros
Sanxenxo-Bordóns-Samieira
Ponte do Val-Barciademera
Grava-Escuadro
Portonovo-Vichona
Areas-Alxán-Cabreiras
Somoza-Escuadro
Noalla-Aios
Alxán-Grixó
Cerdedo-Castro-Quireza
Gallas-Armenteira
A Cañiza-Mourentán
Serrapio-Portela

Peso-Caroi
Pereira-Acibeiro

Río Frío-Borbén
Silleda-Siador-Refoxos

Río Frío-Vilar
Estrada-Vinseiro-Casetas

Mondariz-Fozara
Cerdedo-Santo Domingo

Amoedo-Os Valos
Cachafeiro-Silleda

Nigrán-Vincios
Pena-Rivela

Achas-Franqueira
Folgoso-Forcarei


Vilapouca-S.Miguel-Devesa




As empresas interesadas en participar no concurso hoxe convocado poden presentar as súas ofertas no prazo de 26 días naturais a contar dende mañá. As ofertas presentadas serán abertas o decimoquinto día seguinte ao de remate do prazo sinalado para presentar ofertas.


+ popular


ediciones periódicas impresas

The Relaxation Time

Post Bottom Ad