30 años de la figura del Valedor do Pobo - morrazo tribuna

Random Posts

test

Post Top Ad

5/6/14

30 años de la figura del Valedor do Pobo

MORRAZO TRIBUNA | Cangas |.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu esta mañá ó acto de celebración polo 30 aniversario da aprobación da creación da figura do Valedor do Pobo que tivo lugar no Parlamento de Galicia, onde destacou a enorme importancia para a defensa dos dereitos constitucionais e estatutarios dos cidadáns.
Alfonso Rueda destacou que a gran importancia da figura do Valedor do Pobo da que xa
os redactores do noso Estatuto de Autonomía e os deputados galegos da primeira lexislatura, tomaron a lexislación do Valedor como unha prioridade, sendo un dos primeiros piares da construción da Galicia autonómica, e unha das institucións básicas e esenciais da Galicia autonómica.
O titular da Vicepresidencia destacou a imparcialidade na defensa das queixas que os cidadáns lle trasladan, sendo a voz independente ante os representantes públicos das verdades e dos datos que resultan da interlocución directa con todos os cidadáns.
O Valedor defende as voces de moitos colectivos que ás veces non teñen capacidade suficiente para facerse oír ante as institucións, coma poden ser os menores, as persoas con discapacidade intelectual ou as persoas en situación de exclusión social, na súa labor de polo que entre as súas funcións principais esta escoitar e atender aos cidadáns
O actual Valedor do Pobo, José Julio Fernández, leva no posto desde maio de 2012 despois de ocupar o posto de Vicevaledor 1º durante cinco anos.


+ popular


ediciones periódicas impresas

The Relaxation Time

Post Bottom Ad