Europeas : el Bloque ve al candidato del PP paseando por Galicia mientras los cefalopoderos siguen parados - morrazo tribuna

Random Posts

test

Post Top Ad

3/5/14

Europeas : el Bloque ve al candidato del PP paseando por Galicia mientras los cefalopoderos siguen parados

A cabeza de lista do Bloque ao Parlamento Europeo esixiu ao candidato do PP que se comprometa cos mariñeiros galegos de cara á negociación que comeza este luns en París para a revisión do actual acordo.

A candidata nacionalista participou en Marín nun acto de homenaxe aos 400 mariñeiros da frota do Morrazo afectados polo actual acordo da Unión Europea con Mauritania.

MORRAZO TRIBUNA | Marín | A cabeza de lista do BNG ao Parlamento Europeo, Ana Miranda, acusou hoxe en Marín ao candidato do PP, o exministro Miguel Arias Cañete, de vir “de paseo” a Galiza “mentras a flota cefalopodeira segue amarrada en terra”. A candidata nacionalista lembrou que Arias Cañete era ministro de Pesca cando se negociou en Bruxelas o acordo UE-Mauritania que deixou fóra aos barcos galegos e “non moveu un dedo pola flota galega, como si fixo pola andaluza”.
Nun acto en Marín xunto ao responsable de CIG-Mar, Xabier Aboi, e ao deputado nacionalista Daniel Rodas, que leva os asuntos pesqueiros no Parlamento Galego, Ana Miranda explicou que o vindeiro luns, 5 de maio, iníciase en París a rolda de negociacións de revisión do actual acordo. Ana Mirana esixíu a Arias Cañete que “en vez de vir pasear a Galiza se reúna cos mariñeiros de Mauritania e se comprometa a correxir nestas negociacións que agora se abren o agravio que cometeu coa flota galega nas negociacións de hai dous anos”.
O acordo con Mauritania é o maior de todos os asinados pola UE en materia pesqueira. O custe ascende a 67 millóns de euros cunha vixencia de dous anos. A partir deste luns analízase en París o Protocolo de Partenariado de pesca Unión Europea-Mauritania, que durante dous días revisar a utilización do acordo de pesca das capturas e licencias do protocolo actual, co fin de proceder á revisión do mesmo.
24 barcos e 400 mariñeiros en terra
Ana Miranda denunciou que 24 barcos galegos e 400 mariñeiros quedaron fóra do acordo UE-Mauritana “por culpa da incompetencia dos Gobernos español e galego, encabezados polo exministro de Pesca, Arias Cañete”, que “non foron capaces de presionar á Comisión Europea para que incluíra a frota cefalopodeira galega, pero si incluron a unha boa parte da frota andaluza”, comparou a candidata do Bloque. Varios destes barcos que pescaban en Mauritania foron xa desguazados e outros permanecen amarrados ou víronse obrigados a buscar outros caladoiros.
Fronte á “pasividade” de Arias Cañete e do PP galego neste asunto, denunciou Ana Miranda, o BNG estivo sempre na defensa da frota cefalopodeira galega, a maioría con sede no Morrazo, levando en tres ocasións ao sector a Bruxelas, a primeira das veces a falar directamente coa Comisaria Maria Damanaki, e as dúas seguintes, para asistir á Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, onde foi votado o protocolo. “Foi o BNG o que levou ao sector a Bruxelas, o que lle deu voz no Parlamento Europeo, cousa que non fixeron os Gobernos do PP, nin o da Xunta nin o do Estado, que preferiron ter unha axenda paralela para incluír no acordo á frota andaluza, deixando á nosa frota na ruína", criticou a eurodeputada do Bloque.


+ popular


ediciones periódicas impresas

The Relaxation Time

Post Bottom Ad