¡... y al tren moderno de cercanías, en Galicia, que lo zurzan! - morrazo tribuna

Random posts

test banner

Post Top Ad

Responsive Ads Here

19/12/10

¡... y al tren moderno de cercanías, en Galicia, que lo zurzan!

 Anda el Bloque reivindicando el tren, en Galicia, en condiciones y no lo que tenemos. No habla del AVE -del que hablan todos-. Habla de trenes en el interior de Galicia, cercanías, entre ciudades, trenes para ir por la mañana y volver a mediodía, o como mucho por la tarde... trenes que no empleen hora y media para ir de A Coruña a O Ferrol, pongamos por caso. Trenes actuales, modernos, como hay en otras autonomías de este país y estado llamado España. Allí si, aquí no... Tiene el Bloque razón con el agravio de años que soportamos. Pero está claro que ni PP ni PSOE están por la labor que el Bloque propone. Y esta vez, el Bloque no está diciendo nada que no sea de justicia, que no tenga sentido... - R.C.
___________

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, defendeu  a importancia do transporte público de cercanías minutos antes de viaxar en tren dende A Coruña a Ferrol nun acto reivindicativo ao que se sumaron preto dun centenar de militantes.
No mesmo día en que se inaugura un novo treito do AVE a , Guillerme Vázquez defendeu a importancia de “potenciar o transporte ferroviario, para potenciar o transporte público, que é máis económico, máis ecolóxico” e por iso, tal e como lembrou Guillerme, o BNG “segue esixindo que o ministerio de Fomento tome as cartas que ten que tomar e que a Xunta de Galiza presione máis para que o servizo de cercanías se amplíe e modernice”.
Neste sentido, o líder nacionalista apuntou que “non é posíbel que a xente utilice o servizo se non se dan un mínimo de condicións e non se moderniza o tren e non estamos falando de investimentos inasumíbeis senón, neste caso, dun pequeno tramo ferroviario que é Ferrol-A Coruña”.
“O servizo non se pode deixar morrer sen máis”, apuntou Guillerme, “é unha esixencia e unha necesidade e subíndonos a este tren poñemos de manifesto que o BNG non vai calar ante esta desidia”.
A perguntas dos xornalistas sobre a inauguración na xornada de hoxe dun novo treito do AVE, en contraste coa situación das infraestruturas ferroviarias galegas, o número un do nacionalismo galego indicou que “isto pon de manifesto o desequilibrio territorial”.
Neste sentido, o líder do Bloque criticou máis unha vez a “escena de sofá” protagonizada hai poucos días por Blanco e Núñez Feijóo “outra vez dando pé ao retraso das infraestruturas ferroviarias no noso país”, nesta liña, o líder nacionalista indicou que “nós volvemos dicir que por ese camiño non imos e pola vía da estafa política non imos conseguir compensar os desequilibrios evidentes que ten Galiza en infraestruturas ferroviarias”.
Tamén en resposta ás perguntas dos xornalistas sobre a convivencia futura entre a chegada do AVE ao noso país e a existencia de liñas de cercanías, Guillerme Vázquez indicou que “non debería haber problema, non tería por que perxudicar a chegada do tren de alta velocidade”. Guillerme lembrou que “estamos a falar dun área moi concreta que sí tería suficientes usuarios, xa que eles falan tanto da rentabilidade”. Neste sentido, cómpre lembrar que na área existente entre A Coruña e Ferrol agrúpanse máis habitantes que en outras zonas que sí contan cun servizo de cercanías como é a área de Murcia.
Galiza é a única comunidade de todo o litoral Atlántico que aínda non dispón dun servizo de cercanías en condicións.

Post Bottom Ad

Responsive Ads Here