"Sorpresas do Nadal", a campaña de Fecimo, superará na fin de semana as 20.000 participacións rexistradas - morrazo tribuna

Random posts

test banner

Post Top Ad

Responsive Ads Here

17/12/10

"Sorpresas do Nadal", a campaña de Fecimo, superará na fin de semana as 20.000 participacións rexistradas

 Redacción de MORRAZO TRIBUNA -  [O Morrazo]
A xulgar polas estatísticas acumuladas ata agora, a campaña “Sorpresas do Nadal” organizada por FECIMO e na que colaboran 300 empresas asociadas do Morrazo, está a ser todo un éxito de participación.
Este ano, a campaña de Nadal utiliza o sistema de reparto de códigos ós clientes que merquen na comarca. Eses códigos de números e letras teñen que ser introducidos nun “microsite” habilitado dentro da páxina da federación: www.fecimo.es, para saber se teñen premio.
Os clientes saben nese mesmo intre se son premiados ou non cun dos 79 cheques compra que están en xogo, de 50, 100 ou 250 euros. Todos os participantes deben gardar os códigos, premiados ou non, porque entrarán no sorteo dos 3 premios finais: UN PREMIO DE 3000 MIL EUROS POLOS ESTABLECEMENTOS DE CADA LOCALIDADE (Bueu, Cangas e Moaña).
Debido ao ben que está a funcionar a campaña e o sistema de participación de “Sorpresas do Nadal” pódese asegurar que esta fin de semana vanse alcanzar, e mesmo superar, os 20.000 códigos rexistrados na páxina, nunha campaña que tan só leva dúas semanas na rúa, dende o 3 de decembro.
Xa foron entregados 12 premios, e os premiados non tardaron en pasar polas oficinas de FECIMO en Cangas a remoller os seus cheques-compra.
Poderán utilizar os cheques neses 300 establecementos participantes.
O “microsite” está a ter moitas visitas, con picos de 500 e 600 visitas ó día. Poderíase alcanzar as 7000 visitas esta fin de semana. Os participantes están a chegar sobre todo da comarca e arredores, ainda que se rexistran visitas dende diferentes puntos de Galicia e mesmo dalgunhas cidades do resto do territorio
español.
A campaña tamén está a ter moitos seguidores na páxina oficial de FECIMO no Facebook, creada fai pouco tempo seguindo a idea de adaptación ás novas tecnoloxías. "Xa están publicadas as fotos dos primeiros premiados e seguiremos colgando novidades da campaña", advirte unha portavoz da Federaciòn de Comerciantes e Industriais do Morrazo.

Post Bottom Ad

Responsive Ads Here