Pacto de Toledo : Olaia F. Davila (BNG) no da cheque en blanco al Gobierno - morrazo tribuna

Random posts

test banner

Post Top Ad

Responsive Ads Here

29/12/10

Pacto de Toledo : Olaia F. Davila (BNG) no da cheque en blanco al Gobierno

 Redacción de MORRAZO TRIBUNA - [Pontevedra] [Vigo] [O Morrazo]
A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, deixou moi claro o rexeitamento dos nacionalistas galegos ao documento que contén as recomendacións do Pacto de Toledo e que foi votado este mediodía.
Previamente á celebración da Comisión do Pacto de Toledo, a deputada do BNG comparecía en rolda de prensa conxunta con Llamazares (IU-ICV) e con Tardá (ERC) para explicar aos medios de comunicación a oposición das tres formacións políticas a un documento ambiguo e flexíbel que permite ao Goberno presentar o proxecto de lei que queira. Asemade, anunciaron a presentación dun voto particular ao documento que podería ser conxunto.
É preciso sinalar que é a primeira vez na historia do Pacto de Toledo que se produce un rexeitamento por parte dalgunhas forzas políticas como é o caso.
O BNG non participa “dunha mensaxe enganosa á cidadanía”
Na rolda de prensa, Davila explicitou o voto en contra do BNG a un “documento que fai unhas recomendacións ambiguas, abertas e flexíbeis nas dúas principais cuestións que están na axenda do Goberno. Unha flexibilidade que permitirá ao Executivo presentar un proxecto de lei que contemple a ampliación da idade de xubilación até os 67 anos e ampliar o cálculo para a pensión até os 20 anos. Poderá facelo sen que entre en contradición coas recomendacións do Pacto de Toledo”.
A deputada do BNG deixou claro que no actual contexto no que “o Goberno avanza nos recurtes sociais, nós non imos participar en ningunha actuación que supoña dar información enganosa á cidadanía. Facer crer á xente que se aproba un documento cunha maioría é un verdadeiro engano porque as recomendacións do Pacto de Toledo non significan ningún amparo dos dereitos da cidadanía”.
O fundamental, enfatizou, “é que o Goberno de Zapatero vai presentar o 28 de xaneiro un proxecto de lei que temos claro que vai aumentar a idade de xubilación e tamén os anos para o cálculo da pensión”. O BNG, recalcou, “non pode participar nen subscribir documentos que conteñen unha mensaxe enganosa á cidadanía”.
A reforma das pensións “é parte da axenda de recurtes sociais do Goberno”

Davila subliñou que a reforma das pensións forma parte do conxunto de reformas que está a acometer o Goberno. “É parte da axenda de recurtes sociais que se está a facer en consonancia coas directrices dos centros de decisión económicos-políticos máis ultraliberais, tanto de la Unión Europea como mundiais como o FMI baixo o argumento dos mercados”.

A deputada do BNG comparou “o mercado cun misil co que nos bombardean a diario nesta guerra aberta do capitalismo contra o Estado do Benestar”. Davila centrou as súas críticas ás recomendacións número 11 e a número 12. A 11 refírese á contributividade: “fixémonos na ampliación do número de anos para o cálculo da pensión, non dí que se amplíe pero o deixa aberto o que permitirá ao Goberno facer o que queira”. A recomendación número 12, é a da idade de xubilación: “prolongación da idade de xubilación. Tamén se deixa aberto para que o Goberno faga a súa proposta concreta”.

A deputada nacionalista deixou claro que o BNG non vai apoiar un documento que nas súas recomendacións “non diga con claridade que non se debe prolongar a idade de xubilación máis alá da idade legal de 65 anos. Non respaldaremos un documento que non diga con claridade que non se vai aumentar o periodo de cálculo para a cuantificación da pensión máis alá dos quince anos establecidos actualmente”.

Reprochou ao Goberno que se ampare nas reformas similares que se están a facer noutros Estados “porque as situacións de partida son muy distintas. En materia de pensións o Estado español padece un retraso considerábel respeito a Europa”. No ano 2006, o Estado español adicaba o 8,8% do PIB frente ao 12,1% de mediada UE a 15. E igual sucede co gasto social.

Puxo de manifesto que actualmente as persoas que desexan traballar despois dos 65 anos xa poden facelo de maneira voluntaria e dacordo coa lei vixente. “O que non é de recibo é recurtar un dereito como é o actual límite da idade legal de xubilación”. Demandou ao Goberno que en lugar de recurtes sociais “incentive a creación de emprego”.

Criticou que se esté trasladando á cidadanía que o documento do Pacto de Toledo é de grande relevancia cando o Goberno vai presentar un proxecto de lei o 28 de xaneiro. “Trasladar ai dea de que as recomendacións son algo importante é unha mensaxe enganosa”.
Expresou a preocupación do BNG polo futuro. “Preocúpanos o que vai suceder despois do 28 de xaneiro porque a OCDE que avalia os recurtes do Goberno español pide máis, considéraas insuficientes. É para botarse a tembrar”.

Post Bottom Ad

Responsive Ads Here