El superconselleiro Hernández asegura que nadie juega con fuego en el desdoblamiento de la carretera O Pino - Bora - morrazo tribuna

Random posts

test banner

Post Top Ad

Responsive Ads Here

23/12/10

El superconselleiro Hernández asegura que nadie juega con fuego en el desdoblamiento de la carretera O Pino - Bora

 Redacción de MORRAZO TRIBUNA - [Pontevedra] [Vigo] [O Morrazo]
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, sinalou hoxe no Pleno do Parlamento que o desdobramento da estrada O Pino- Bora (PO-542) será unha garantía para a mobilidade sostible e o desenvolvemento económico da área pontevedresa. Compatibilizarase a vertebración do territorio, a seguridade viaria e o desenvolvemento desta área, mellorando a conectividade coa área metropolitana.
Hernández explicou o seu departamento tentará compatibilizar na medida do posible o interese xeral coas demandas tanto dos veciños afectados como do propio Concello de Pontevedra sempre que iso non supoña retrasos ou paralizacións nos traballos.
Prevese que a obra, licitada o 3 de decembro por un importe de 5,4 millóns de euros, se poida adxudicar e iniciar no primeiro trimestre de 2011, cun prazo de execución dun ano.
A Xunta de Galicia considera que a necesidade desta actuación e a súa urxencia está fóra de toda dúbida. Esta estrada ten entre Marcón e O Pino un tráfico medio diario de máis de 10.000 vehículos, o que significa unha circulación anual de máis de 3,6 millóns de coches. Se ben o treito entre Marcón e Bora rexistra un tráfico inferior, tendo en conta que se trata dunha zona próxima ao casco urbano, fai imprescindible esta actuación, que será máis urxente logo de que finalicen as obras de remodelación que está a realizar Fomento no nó do Pino.
Medio Ambiente valorou a eficiencia do desdobramento da estrada tanto dende o punto de vista ambiental como económico. A obra foi incluída na nova planificación do plan MOVE, recolléndose como vía de altas prestacións e distribuíndose en dous treitos: O Pino- acceso Hospital e acceso Hospital- Bora.
Os obxectivos desta actuación son a mellora da seguridade viaria, tendo en conta as necesidades do tráfico especial que xerará o Hospital, a comodidade dos usuarios e a revitalización da zona.

Tramitación
Os principais pasos na tramitación da obra ata a actualidade foron a aprobación do proxecto de trazado (14 de xullo de 2010) e do proxecto construtivo (8 de outubro de 2010). O 5 de agosto apróbase o decreto que declara a utilidade pública e dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola actuación. Deste decreto deriva a exposición pública dos propietarios e bens afectados para fixar a data para proceder ao levantamento de actas previas á ocupación, realizado o 20, 21 e 22 de setembro. O pagamento dos depósitos previo, ou a súa consignación fíxose a finais do pasado mes de novembro.
Posteriormente, coa publicación das expropiacións necesarias, os afectados presentaron os seus escritos en defensa dos seus lexítimos intereses particulares.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) do 3 de decembro publicou a licitación da obra, cun orzamento de 5,4 millóns de euros.
A Xunta, tendo en conta as alegación dos afectados e a postura contraria a realización do proxecto por parte do Goberno municipal, xa ten manifestado o seu compromiso de procurar o consenso e achegar posturas para a boa marcha do proxecto, contemplando as demandas dos veciños, sempre e cando non se vexa mermado o interese xeral, xustificación última da obra proxectada.

Post Bottom Ad

Responsive Ads Here