¿Qué pasa con la Biblioteca Municipal?, se pregunta el PP de Salceda de Caselas - morrazo tribuna

Random posts

test banner

Post Top Ad

Responsive Ads Here

26/1/10

¿Qué pasa con la Biblioteca Municipal?, se pregunta el PP de Salceda de Caselas

PONTEVEDRA/VIGO.(MORRAZO-TRIBUNA).-O Partido Popular de Salceda de Caselas insta ao Goberno local a anunciar e informar aos veciños da apertura da nova Biblioteca Municipal. “Xa pasaron máis de cinco meses e non se sabe nada, todo o mundo se pregunta cando abrirá e non atopan resposta algunha por parte do Concello”, explica o edil do PP Santiago Rodríguez Davila.
Trátase dunha obra importante e necesaria para Salceda de Caselas, “unha iniciativa xa anunciada polo anterior goberno do Partido Popular”, sinala Rodríguez Davila, “ao observar que a sala de lectura quedaríase pequena para un municipio que se atopa en constante crecemento”, engade. Deste xeito, os populares lembran que, aínda que será executada agora, a proposta de rehabilitar a antiga Casa do Concello para convertela na Casa da Cultura, albergando, entre outros espazos, a Biblioteca Municipal, xa fora anunciada en sesións plenarias do ano 2007 cando o PP gobernaba en Salceda de Caselas.
“Ao Partido Popular cónstalle de que son moitos os usuarios que a día de hoxe estanse a desprazar a municipios limítrofes, como O Porriño, para facer uso destas instalacións”, asegura a concelleira popular Saltina Castiñeira. Neste sentido, “solicitámoslle a Goberno local de que informe, canto antes, dunha data para a apertura da Biblioteca Municipal, de uso diario por centos de veciños”, conclúe Castiñeira.

Post Bottom Ad

Responsive Ads Here